Esta fin de semana (1 e 2 de maio) chegamos ao final da competición autonómica na categoría xuvenil coa celebración das Final Four masculina e a feminina. Hoxe tivo lugar o acto de presentación da Final Four Xuvenil Feminina de O Porriño, no propio pavillón municipal, no que participaron o concelleiro de Deportes do Porriño, David Alonso; o xefe provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides; e unha nutrida representación da xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, encabezada polo seu presidente, Bruno López Molina.
A Final Four xuvenil Feminina terá lugar no Pavillón Municipal de O Porriño durante a fin de semana e os partidos do domingo serán retransmitidos polo streaming da Federación Galega de Balonmán. O sábado pola mañá celebraranse as semifinais. O partido Calfrima Carballal – SAR Ledisson comezará ás 10:00 horas e o Balonmano Porriño – U.B. Lavadores está previsto para as 12:00 horas. Ao día seguinte celebraranse, nos mesmos horarios a loita polo terceiro posto e a continuación, a gran final. Nesta oportunidade, todos os partidos serán transcendentes xa que hai tres prazas en xogo para a participación na fase estatal, polo que o partido polo terceiro posto terá unha enorme importancia.
Debes ser identificado introducir un comentario.