Esta pasada fin de semana a localidade de Moaña organizou, na praia da Xunqueira, a quinta e última proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019. Desta vez, o éxito de participación que víñamos arrastrando, fixo que este trofeo contará co maior número de inscritos en todas as categorías ata a data.
En sénior feminino, o Bunga acadou a súa segunda final da tempada. As viguesas conseguiron superar as Espartanas de Redondela, que se colaron na final para plantarlle cara a un dos clásicos das praias galegas. Máis non puido ser. o Bunga, facendo ver os seus galones, conseguiu levarse o encontro.
Na categoría masculina PTV Handstrand volvía a senda da vitoria facéndose coa última proba do circuito. Na final, venceron ao BMP Painkillers, campións da anterior proba e un equipo que sempre fai sudar moito aos seus rivais.
A continuación tedes a clasificación en todas as categorías:
Alevín:
Servisub Area Bueu
Infantil feminino:
Veba Water
Infantil masculino:
Veba Os da Jrada
Cadete feminino:
BMP Pescados
Cadete masculino:
Veba Os da Jrada
Xuvenil feminino:
Magic Veba
Xuvenil masculino:
Merengue Cremosso Team A
Sénior feminino:
El Bunga
Senior masculino:
BMP PTV Handstrand
Debes ser identificado introducir un comentario.