REDONDELA SERÁ O EPICENTRO DO BALONMÁN GALEGO ESTA FIN DE SEMANA

Redondela vibrará coa paixón e o talento do balonmán galego e nacional, ofrecendo un programa balonmanístico intensivo durante toda a fina de semana. 

Este fin de semana, Redondela converterase no punto neurálxico do balonmán galego e nacional, os pavillóns A Marisma e A Bombonera albergarán dende o venres ata o domingo o sector nacional cadete feminino, a Final 4 Alevín 7 e as finais sénior da Copa Federación.

A acción comezará o venres ás 18:30 horas no pavillón A Bombonera, co inicio do sector nacional cadete feminino, o Balonmano Sanse (Madrid) enfrontarase ao Caivel Aula Cultural (Valladolid), e ás 20:30 horas chegará o prato forte co enfrontamento entre a SAR Rodavigo eo EDM Aceuchal (Extremadura). 

O Sábado durante toda a mañá e nos dous pavillóns, celebrarase a Final 4 Alevín 7, que se dividirá nas categorías Ouro e Prata. Na categoría Ouro, os equipos BM Culleredo Ascor Consulting, Áreas Psicoloxía Luceros, Valinox Novás A e BM Abegondo Súmate competirán polo título. Mentres tanto, na categoría Prata, os equipos Balonmán Porriño «B», Balonmán Porriño «A», Cisne Óptica Miramaruxa e Academia EIS Balonmán Tui loitarán por levarse o trofeo.

Pola tarde, o Pavillón Municipal de A Marisma será o escenario das finais sénior da Copa Federación. Ás 16:00 horas, a final de 2ª Autonómica Masculina enfrontará aos equipos BM Línea21 Lignum Plus e Club Balonmán Miño. Ás 18:00 horas, a final de Autonómica Feminina verá competir ao A.D. Carballal contra o Balonmán Reconquista de Vigo. 

A xornada de sábado concluirá coa final de 1ª Autonómica Masculina, que se celebrará no pavillón municipal A Bombonera ás 20:00 horas, unha vez rematada a segunda xornada do sector estatal cadete feminino. Neste enfrontamento, a SAR OP Mobility medirase ao Magope – Seis do Nadal, para poñer o colofón perfecto para un día repleto do mellor balonmán.

O domingo ás 12:00 horas na Bombonera, a SAR Rodavigo enfrontarase ao equipo vallisoletano Caivel Aula Cultural, para poñer fin ao sector estatal no que os catro equipos loitarán por clasificarse para o Top 8 nacional.

A SAR preparou unha serie de actividades paralelas aos encontros para garantir o desfrute de todos e todas as asistentes: concertos, cantinas, fan zone,…

Iso non é todo, o Lalín Arena tamén será sede dun sector nacional, neste caso, cadete masculino. Os rapaces do Embutidos Lalinense se enfrontarán ao Urdatena, ao Transportes Royo Calasancio e ao Helvetia Anaitasuna A. Ao igual que o feminino, o sector rematará o domingo ás 12:30 horas, co enfrentamento do Embutidos Lalinense ao Helvetia Anaitasuna A, dando desta forma, o gran peche a un fin de semana repleto de balonmán na provincia de Pontevedra.

Por último, desexarlles tamén moita sorte aos equipos Club Cisne Colegio Los Sauces, Dental Pablo Sieiro Bm Cangas e o Ferretería Molares A.D. Carballal A, que desputarán os seus sectores en forma de visitante.