AITANA SANTOMÉ, CONVOCADA COAS GUERREIRAS JÚNIOR PARA UNHA CONCENTRACIÓN

A xogadora do Conservas Orbe Porriño, Aitana Santomé, foi convocada polo seleccionador das Guerreiras Júnior, Imanol Álvarez, para participar nunha concentración que se celebrará do 17 ao 24 de novembro en Jaén.

As xogadoras, un total de 16, están citadas o domingo 17 de novembro en Madrid e partirán xuntas en dirección a Jaén, lugar da concentración. Aitana é unha das habituais nas convocatorias do seleccionador, que tamén contou con ela na anterior, celebrada en setembro.

No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Noraboa Aitana!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *