REMATOU UN MUNDIAL «PERFECTO, CORRECTO E EXCELENTE»

O Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra chegou ao seu fin. Despois de dúas semanas de moitos partidos, nervios e emoción, ao domingo 28 celebramos a loita polas medallas no pavillón das Travesas de Vigo. O título foi para unha Francia superior, mentres que Croacia alcanzou a prata e Exipto, o bronce. Tamén hai que destacar a magnífica cuarta posición de Portugal e o décimo posto da selección española, que se cruzou en oitavos co campión.

RFEBM / J. L. Recio

E tralos partidos chegou o momento da cerimonia de clausura, novamente espectacular, da entrega de trofeos e das valoracións. Hassan Moustafa, presidente da IHF, asegurou que o Mundial de Galicia 2019 foi «perfecto, correcto e excelente«.

Así, toca despedirse dun acontecemento mundial no que o balonmán galego amosou o seu bo facer, cunha magnífica organización, grazas en gran parte ao traballo do voluntariado, formado por case 300 persoas, que logrou facer un Mundial valorado por todas as delegación como excepcional. Para tod@s… MOITAS GRAZAS!!! VÓS SI QUE SODES EXCEPCIONAIS!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *