RODRIGO CORRALES, NA RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA AOS OLÍMPICOS GALEGOS

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu hoxe unha recepción aos olímpicos galegos, entre os que se atopaba o noso Rodrigo Corrales (bronce olímpico). Curiosamente o acto foi dirixido por outro `balonmaneiro´ David Amor, que como sempre puxo unha nota de humor, no momento de falar cos grandes protagonistas. Alicia Fernández, a outra representante do balonmán galego, non puido acudir ao acto, porque xa comezou os adestramentos co seu equipo en Romanía.

Ademais do presidente da Xunta, tamén participou no evento o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, en representación do balonmán galego, entre outras autoridades.

A Federación Galega tamén se suma ao recoñecemento a todas e todos os olímpicos galegos!!! Noraboa pola traballo feito!!


#SomosGalicia #SomosBalonmán

Debes ser identificado introducir un comentario.