Rubensa BM Porriño e Forbe Reconquista de Vigo proclamáronse onte no Gatañal campións da Copa Galicia 2021.
A xornada comezou coa final masculina entre Forbe Reconquista de Vigo e Granitos Ibéricos Carballal, un derbi vigués para facerse co título da Copa Galicia. Dende o inicio foi por diante no marcador o Reconquista de Vigo, que chegou ao descanso cinco goles arriba (18:13). Tralo paso por vestiarios, igualáronse un pouco as forzas, aínda que o Reconquista sempre controlou a distancia e non permitiu que o Carballal se acercara. Ao remate, 26.21.
Nesta final foi elixido como mellor xogador Alejandro López (Carballal) e mellor porteiro, Raúl López (Reconquista).
Na final feminina, enfrontábanse Rubensa BM Porriño e SAR Rodavigo, nun encontro dominado polas rapazas de Abel Estévez. Dende o inicio, lograron escaparse no marcador (13:4, min. 20) e a SAR non tivo opción algunha de meterse no partido. Ao remate, 36:19.
A mellor xogadora foi Claudia Kaulback (BM Porriño) e a mellor porteira Begoña Otero (BM Porriño).
Noraboa a todos os equipos participantes!
Debes ser identificado introducir un comentario.