SAR Rodavigo A (feminino) e Grupo Lemaco Xiria A (masculino) proclamáronse hoxe en Carballo vencedores da Final Four Cadete e acadaron así, a clasificación para os sectores nacionais.
Na categoría feminina impúxose a SAR Rodavigo na gran final ante o Mecalia Atlético Guardés, nun partido que estivo muy igualado na primeira metade, pero que resolveron as redondelanas no segundo tempo. Tralo paso por vestiarios lograron tres tantos de vantaxe ata chegar ao minuto 45, no que a SAR logrou distanciarse de forma xa decisiva para vivir un final de partido tranquilo. Foi elixida mellor xogadora da final, Julia González.

Na categoría masculina Cisne Colegio Los Sauces e Grupo Lemaco Xiria ofrecéronnos unha final excepcional e tremendamente igualada que tivo que decidirse na prórroga a favor do conxunto local. Na primeira metade dominou o Xiria, que chegou a mandar por seis tantos, para alcanzar o descanso catro goles arriba (20-16). Na segunda metade, chegou a remontada do Cisne, que logrou igualar o partido no minuto 50 e os últimos dez minutos foron de verdadeiro infarto. O conxunto pontevedrés logrou o empate a falta de cinco segundos e o Xiria aínda puxo a proba ao porteiro do Cisne que levou o partido á prórroga. E nestes dez minutos extra, os equipo de Carballo foi mellor e pechou así a vitoria.
Mellor xogador da final: Antón Rodríguez (Cisne).
