CISNE COLEGIO LOS SAUCES, CAMPIÓN DE ESPAÑA XUVENIL MASCULINO

Foi unha fin de semana histórica para o Cisne Colegio Los Sauces. O club nunca estivera nunha final do Campionato de España, pero non só logrou meterse nela con total merecemento, senón que ademáis logrou o título de forma incontestable ante o Barcelona. Cisne Colegio Los Sauces, campión de España Xuvenil Masculino!

Foi un partido axustado, pero sempre controlado polo Cisne, que parecía máis ben un equipo de veteranos, pola tranquilidade coa que xogaba e manexaba as diferentes situacións. Houbo momentos nos que puido poñerse nervioso, pero para nada. Reaccionou con calma e cabeza e así chegou ao descanso un gol arriba (17-18).

A segunda metade comezou moi igualada, pero pouco a pouco o conxunto pontevedrés foi impoñéndose grazas ao mando de Carlos Álvarez, ben arroupado por André de Moura, Virulegio, Sequeiros o Arboleya. Así, con distancias de tres goles, o Cisne parecía cómodo e logrou chegar ao tramo final sin angustia. E co pitido final, estallou a festa sobre a pista para celebrar un fito histórico.

BARCELONA, 32 – CLUB CISNE COLEGIO LOS SAUCES, 34

32. BARCELONA: Eric Lubiano, Aleksandar Cenic (4), Antonio López (7), Pau Morer (4), Ismael Bendress, Aitor Martínez, Arnau Quintana (1), Petar Cikusa (1), Guillem Egea, Ferrán Prieto (3), Marti Soler (3), Bruno Reguart (9), Roger Portella, Marcos Montiel, Ezequiel Conde, Ian Barrufet.

34. CISNE: Miguel Pérez, Carlos Álvarez (10), Miguel Sierra, Enrique Domínguez, Hugo Pérez, Diego López (3), Rafel Logroño, Román Arboleya (6), Eduardo Costa, Martín Santos, José Cerqueiro, André de Moura (6), Dani Virulegio (4), Rubén Sequeiros (5), Javi Sierra, Mario González.

ÁRBITROS: Enrique Pérez e Luis Díaz-Flores. Excluíron dous minutos a Cenic, Pau Morer, Bendress e Marcos Montiel (Barcelona) e a Carlos Álvarez e Dani Virulegio (2), polo Cisne.

PARCIAIS: 3-5, 7-10, 11-12, 14-14, 16-16, 17-18 (descanso), 21-21, 23-23, 24-27, 27-29, 29-31, 32-34 (final).

INCIDENCIAS: Final do Campionato de España Xuvenil Masculino, disputado en Alicante.

Noraboa a toda a familia do Cisne!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *