SEGUNDA VITORIA DA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA QUE CERTIFICA A SÚA CLASIFICACIÓN PARA OS CUARTOS

A selección galega infantil masculina acadou hoxe a segunda vitoria consecutiva e logrou a clasificación para os cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Non foi un gran día en canto a resultados. So gañaron as seleccións infantil masculina e xuvenil feminina, e mañá será un día decisivo para tratar de meterse nos cuartos de final.

Infantil feminina. Galicia, 14 – Canarias, 18

14. Galicia: Yanet Rodríguez, Uxía Crespo (1), Gabriela Martíns, Eva González, Lara Moure, Candela Martínez, Daniela Suárez (1), Lía Salvado (1), Goretti Carballal, Iria López (2), Leire González, Celia Pérez (1), Adriana Barreiro (5), Ana Pol, Leire Martínez (3), Aldara Porrúa.

18. Canarias: Najara Gabaldón, Amaia Barrachina (2), Ingrid Barrachina (1), Nicole Collins, Sara Santana, Cinthia Fajardo, Carla de Marco (1), Yasmin Frederica (6), Amelia Alexia (4), Paula Lahora, Aissatou Diallo, Gissel López, Adriana Reyes, Neysa Curbelo (4).

Árbitros: Iker Eguía e Andika Domínguez. Excluíron dous minutos a Uxía Crespo (2), Lara Moure e Daniela Suárez, por Galicia e a Amaia Barrachina (2, e a descalificaron no minuto 47:12), Yasmi Frederica e Amelia Alexia, por Canarias.

Parciais: 2-2, 3-5, 4-5, 4-9, 5-11 (descanso), 6-13, 9-14, 11-15, 14-18 (final).

Incidencias: Segunda xornada do grupo B da categoría infantil feminina do CESA 2022.

As nosas minigalaicas caeron derrotadas ante Canarias, nun partido de dúas caras moi diferentes. Na primeira metade, Galicia non  existiu, mentres que na segunda reapareceu e traballou ata o final intentando unha remontada, para a que faltou un pouco de tempo.

No inicio, os nervios puideron con Galicia. Moitas imprecisións, erros no forzados, permitiron contras de Canarias e que o marcador se disparase no descanso (5-11).

Tralo paso por vestiarios e a charla coa seleccionadora Ana Alonso, as minigalaicas lograron controlar os nervios un pouco e  empezaron a mostrar o seu carácter combativo, o que lles levou a iniciar a remontada. Chegaron a ter posesión para poñerse a só un gol, pero unha parada da porteira rival e unha exclusión acabou coas opcións. Pese a todo, pelexaron ata o último segundo, aínda que a remontada xa non era posible. Ao remate, 14-18. Mañá, partido decisivo contra Navarra.

Mañá, Navarra- Galicia (16:00 horas).

Infantil masculina. Galicia, 35: 22, Euskadi

35. Galicia: Rubén Costas, Xoel Rodríguez, Adrián Nogueira, Xoel Lago (4), Xoel Malfaz (3), Marcos Varela (4), Iago Castro (1), Mateo Martínez (1), Pablo Pazos (4), Roque Díaz, Roque Estévez (1), Jorge Outón (1), Jaime Serrano (5), Mateo López (8), Nicolás Cancela (2), Borja García (1).

22. Euskadi: Julen Orbegozo, Iraitx Gurrutxaga, Market Errasti (4), Urko Puy, Adei Urbitarte (2), Oier García, Unai Barreto (4), Jon Azcue (5), Aitzol Beraiz (4), Aitor Argarate, Hodei Urriza, Ekin Furnier (1), Pablo Aresti (1), Urki Larrinaga (1), Xaboer Uranga, Oier Coto.

Árbitros: Caridad Rosell e Isabel Anastasia Herreros, que excluíron dous minutos a Iago Castro, Pablo Pazos (2), Nicolás Cancela e Borja García (2),  por Galicia e a Unai Barreto e Urki Larrinaga, por Euskadi

Parciais: 5-2, 9-3, 10-5, 13-6, 18-9 (descanso), 21-10, 27-12, 29-13, 32-17, 35-22 (final)

Incidencias: Segunda xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Infantil Masculina.

Segunda xornada do CESA e segundo partidazo da selección galega infantil masculina, á que da gusto ver xogar. Hoxe arrollaron a Euskadi, nun partido que Galicia dominou de principio a fin, mostrando unha superioridade, que por momentos resultaba dolorosa para o rival.

Este equipo dirixido por Adrián Menduiña xoga cunha facilidade que sorprende, como se levaran moitos anos xuntos, xa que parece que o fan de memoria. Tremenda a actitude defensa do equipo, con moitas recuperacións, gran aportación da portería e que dicir do ataque, con tantas variantes que os rivais non atopan medidas para frealos. E da igual que estean en inferioridade, xogan igual e non se nota. Dende os primeiros minutos só se vía un equipo na cancha e ao descanso o resultado non deixa lugar a dúbidas (18-9). Podía parecer complicado manter a concentración con este resultado, pero Galicia non mudou a súa forma de xogar nin economizou esforzos, pensando no resto do campionato. Así, so sufriron un pouco coa defensa moi presionante de Euskadi, que provocou algúns erros no pase e nos últimos tres minutos, onde cunha distancia de quince goles, perderon a concentración.  

Mañá, Cataluña-Galicia (11:15 horas)

Cadete feminina. Navarra, 21:16, Galicia

21. Navarra: Maya Callaghan, Jone Goretti, Claudia Aldave, Oihane Beperet (2), Iraia Pilart (1), Ane Garralda, Ane Zalguizuri (4), Estitxu Rodríguez (2), Silvia Gil (2), Amaya Ancín (1), Naroa Baquedano (4), Kelly Nnonzie (5), Edurne Sainz, Alaitz Ripa.

16. Galicia: Irene Ríos, Paula Diéguez, Adriana Rial (3), Alejandra Montenegro, María Baz, Nerea Patiño (1), Irene Romero (3), Naihara Costas (2), Ainé Roca, Lucía Castiñeira, Uxía Fernández (5), Inés Bernárdez, Iria Augusto, Sara Pereira, Ángela Portela, Iria Benaches (2).

Árbitras: Beatriz del Valle e Patricia del Valle. Excluiron dous minutos a Iria Pilart, Kelly Nnonzie e Edurne Sainz (Navarra) e aAdriana Rial, Irene Romero, Iria Augusto e Ángela Portela, por Galicia.

Parciais: 1-2, 5-3, 6-3, 7-5, 7-6, 9-6 (descanso), 10-8, 10-10, 14-10, 14-12, 17-15, 21-16 (final)

Incidencias: Segunda xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Cadete Feminina.

Partido igualado entre Navarra e Galicia, que nos minutos finais se decantou claramente a favor das navarras. Pero o resultado non reflicte o que se viviu na pista, nun choque no que as nosas estiveron sempre metidas e con opcións.

Galicia saíu moi enchufada en defensa, cun sistema 6:0 que funcionaba á perfección e a aportación de Irene Ríos atrás. Pero as sensacións en ataque eran outras ben diferentes, con moitas dúbidas e falta de confianza, que se convertían en perdas de balón e erros no lanzamento.

Na segunda metade, Galicia saíu moito máis valente e atrevida e iso lle permitiu empatar o partido (10-10), a pesar de que seguían cometendo erros. Pero xusto nese mellor momento das galegas, houbo unha dobre exclusión que lastrou ás galegas e que permitiu a Navarra escaparse (14-10). Intentárono ata o final, pero xa non houbo opcións. Agora hai que pensar no partido de mañá, para meterse nos cuartos de final.

Mañá, Galicia-Euskadi (09:30 horas)

Cadete masculina. Galicia, 20:24, Cataluña

20. Galicia: David Failde, Pedro Fernández-Couto, Yago López (6), Pablo Veiga (1), Brais Martínez (1), Sergio Munín (2), Roi González, Eloy Domínguez, Yago Raimúndez (1), Xoán Fernández (4), Manuel Hernández, Samuel Seijas (3), Asier Vázquez, Adrián Rey, Manuel Lorenzo (2), Nico Giráldez.

24. Cataluña: Iván Ríos, Adriá Nogales, Guillem Mallola (1), Adria Joher, Iván Amigo (5), Genis Trullas (1), Cesareo Randos, Guido Bayo, Alex Ugalde (2), Alejandro Fernández, Quim Rocas (2), Aarón Gutiérrez (2), Marc Valtueña (1), Juan Durán (6).

Árbitros: Nicolás Ramón López e Daniel Cárceles. Excluíron dous minutos a Brais Martínez, Yago Raimúndez e Manuel Lorenzo, por Galicia e a Iván Amigo (2), Guido Bayo (2)e Marc Valtueña, por Cataluña.

Parciais: 2-2, 5-6, 6-7, 8-8, 10-10, 10-11 (descanso), 12-13, 14-14, 16-16, 17-20, 18-22, 20-24 (final)

Incidencias: Segunda xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Cadete Masculina.

Dura derrota para a selección galega cadete masculina no seu enfrontamento contra Cataluña. Os galegos deron a cara de principio a fin e tiveron as súas opcións, pero non estiveron afortunados nos momentos clave.

O choque estivo tremendamente igualado. A primeira metade foi un intercambio de goles, con empates continuados e así se chegou ao descanso cun 10:11, que amosaba o vivido na cancha.

Na segunda metade, Galicia tivo serias opcións de romper o partido, pero fallou neses momentos claves. Logrou poñerse por diante no marcador e dispuxo de varias posesións para irse de dous ou tres goles, pero houbo precipitación por parte dos nosos ou boas intervencións do porteiro catalán. Por contra, cando a Cataluña se lle presentou esa opción (un par de exclusións un pouco dubidosas), non fallou e logrou tres tantos de vantaxe que lle permitiron vivir con tranquilidade o tramo final, Iso si, moi boa actitude do equipo de César Armán que non baixou os brazos nunca. E precisamente iso é o que teñen que facer agora. Ir a pola vitoria mañá contra a Comunidade Valenciana para tratar de acadar a clasificación para cuartos de final.

Valencia-Galicia (16:00 horas)

Xuvenil feminina.  Aragón, 20:25, Galicia

20. Aragón: Verónica, Noa Alconchel (1), Irati Sola (2), Ainara Gordo (1), Noelia Aparicio, Natalia Pérez (3), Martina Yranzo, Nuria Moratilla, Sara Cristina (1), Maria Usieto, Sarah Barrachina (2), Marta Gómez, Elena Miguel (1), Nicxon (9), Laura Bazco, Elena Pérez.

25. Galicia: Lara García, Carla Vidal, Nerea Arias (6), Lucía Méndez (3), Lorena Vaello (3), Alba Afonso (3), Ángela Vilaboa, Eva Rodríguez, Lucía Álvarez (4), Mara González, Aroa Fernández, Noelia Solla (3), Mencía Lorenzo, Carla Baltasar (2), Yaiza Alonso (1), Tania Gómez.

Árbitros: Jorge Murás y Tomás Fernández. Excluíron dous minutos a Noelia Aparicio, Martina Yranzo, Sara Cristina, Sarah Barrachina y Elena Miguel, por Aragón e as galegas Alba Afonso, Lucía Álvarez, Noelia Solla e Yaiza Alonso (2).

Parciais: 2-2, 4-4, 6-7, 7-9, 9-12, 11-14 (descanso), 12-15, 14-16, 14-17, 16-21, 18-22, 20-25 (final)

Incidencias: Segunda xornada do CESA, grupo B do Campionato de España Xuvenil Feminino.

Fantástico partido da selección xuvenil feminina para acadar a primeira vitoria do CESA. As galegas, cunha gran defensa, superaron a Aragón e dan un pase de xigante cara aos cuartos de final.

A selección galega saíu moi enchufada dende o inicio e co obxectivo fundamental de recuperar a tensión defensiva, que onte non houbo. Ademais, había unha especial atención ao lanzamento exterior da súa lateral esquerda, que é a súa principal baza ofensiva.

Ademais, en ataque, Galicia buscou os extremos e houbo unha boa circulación de balón. Pese a todo, non foi sinxelo romper o partido. A primeira parte estivo bastante igualada ata o tramo final, cando Galicia logrou irse de ata catro goles. Ao descanso, 11-14.

Na segunda metade, Galicia xogou con moita intelixencia e logrou manter as distancias no marcador. Aragón logrou poñerse a dous tantos, grazas aos goles da potente Nicxon,  pero non houbo nervios, senón cabeza e actitude e Galicia pechou a vitoria que lles permite dar un paso cara ao obxectivo de clasificarse para  os cuartos de final.

Mañá, Galicia-Navarra (11:15 horas)

Xuvenil masculina. Galicia, 33:38, Navarra

33. Galicia: Mateo Pallas (1), Abián Rodríguez, Eduardo Alonso (4), Martín Fuentes (2), José Manuel Meira (3), Iago Iglesias, Pablo Gándara, Manu Pérez (6), Martín González (1), Julián García (2), Juan Rodríguez (2), Marko Ojeda (1), Carlos Ocaña (10), Sergio Blond (1), Nuno Loxo.

38. Navarra: Pedro José Oloriz, Daniel Lacunza, Ander Izcue (1), Iñaki Nagore, Xavier González (10), Guillermo Pérez (5), Xabier Fernández (1), Tasio Isturiz (4), David Garayoa (2), Oier Lezaun (4), Marco Moreno (2), Unai Galán, Josu Arzoz (2), Unai Elizondo (2), Martín Reclusa (3), Ibai Etxarte (2).

Árbitros: Manuel Mohedano e Vicente Peris. Excluiron dous minutos a José Manuel Meira e Marko Ojeda (2), por Galicia e a David Garayoa (2), Josu Arzoz e Ibai Etxarte (2), por Navarra.

Parciais: 1-1, 4-6, 7-6, 11-11, 13-15, 17-20 (descanso), 19-21, 22-24, 25-26, 28-29, 30-33, 31-36 (final)

Incidencias: Segunda xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Xuvenil Masculina.

Complicado partido para a selección xuvenil masculina que caeu derrotada contra Navarra, nun choque no que Galicia defendeu moi mal, aínda que se mantivo viva ata o final grazas ao ataque.

Dende o inicio mandaba Navarra no marcador, pero con distancias mínimas. A defensa galega non funcionaba a pesar de que probaron diferentes variantes. Comezaron co clásico 6:0 e despois cambiaron a 5:1, pero non eran capaces de frear a Navarra que logrou irse ao descanso con 22 goles a favor. Iso si, Galicia seguía viva, xa que conseguir marcar moitos goles (19). Por iso, a clave era cambiar a dinámica defensiva tralo paso por vestiarios.

Pero hoxe non saía nada. Comezaron cun 5:1 zonal pola banda dereita do ataque navarro, que estaba a facer moito dano, pero aínda que había momentos nos que parecía que cambiaba a dinámica, enseguida enlazaban  dous ou tres erros seguidos que volvían a ampliar as distancias a tres tantos. Ao final do partido, con Galicia lanzada, Navarra logrou a máxima diferencia no marcador, os cinco tantos do remate. Agora a pensar no partido de mañá contra Madrid e a cambiar o aspecto defensivo.

Mañá, Madrid-Galicia (13:00 horas)

7.320 Comments to “ SEGUNDA VITORIA DA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA QUE CERTIFICA A SÚA CLASIFICACIÓN PARA OS CUARTOS”

  1. Корисні та цікаві статті https://sevsovet.com.ua про здоров’я, дозвілля, кар’єру.

  2. Головні новини https://status.net.ua сьогодні, найсвіжіші та останні новини України онлайн

  3. Останні новини https://thingshistory.com зовнішньої та внутрішньої політики в країні та світі.

  4. Dichaelcaw dice:

    For the reason that the admin of this web site is working, no question very shortly it will be renowned, due to its feature contents.
    официальный сайт Dragon Money

  5. Xvorzfiz dice:

    На сайте http://oknaksa.by вы сможете проконсультироваться по таким вопросам, как: окна ПВХ, балконы, патио. На все конструкции даются гарантии до 20 лет. Все клиенты смогут воспользоваться бесплатным обслуживанием. А работа происходит по ГОСТу, СНИПу. Для того чтобы получить необходимый результат, на объект выезжают замерщики для того, чтобы определить размеры с точностью. Установка происходит в день, когда привезут окна. Перед вами огромное количество готовых проектов, которыми вы сможете воспользоваться прямо сейчас.

  6. proZsiten dice:

    Хотите смотреть интересные сериалы онлайн абсолютно бесплатно и в хорошем hd качестве? Тогда вам точно нужно заглянуть на портал zonaserialov.net! У нас найдете множество новинок. Предлагаем вам исключительно качественный материал. Смотрите лучшие сериалы и отдыхайте! https://zonaserialov.net – сайт, который имеет отменный дизайн, убедитесь в этом лично. Здесь вы найдете поиск, которым можете воспользоваться в любое время. Над улучшением нашего сервиса мы работаем постоянно. Приглашаем вас окунуться в великолепный мир сериалов, положительные эмоции мы вам гарантируем!

  7. Используйте 1вин рабочее зеркало для бесперебойной игры.

  8. +работа +для +студентов +без +опыта – +работа +в +свободное +время, +вакансии +без +опыта +работы +свежие +вакансии

  9. The scoring system in the Aviator Game is based on the multiplier at the time of cashing out. The higher the
    ivermectin order

  10. AakivtFub dice:

    Скачать музыку https://muzvk.pro/ целыми альбомами, чартами, коллекциями, по исполнителям на сайте. Зайдите на сайт, ознакомьтесь и шикарной коллекцией музыки в mp3 и вы найдете то что ищите или найдете новое для себя. Музыка разных жанров, без регистрации и рекламы – качать в мп3 на сайте.

  11. Wod5opeaks dice:

    На сайте https://gruz63.ru/gruzoperevozki/ посмотрите телефон компании, которая на профессиональном уровне оказывает услуги, связанные с грузоперевозками. Заказать работы смогут как частные компании, так и физические лица, крупные предприятия. Грузоперевозками пользуются во время офисного, дачного переезда, для того, чтобы доставить строительные материалы из магазина. В этой компании работают исключительно опытные, квалифицированные и компетентные грузчики, которые быстро и аккуратно справятся с работой. А у вас даже не останутся замечания.

  12. Osmozeseess dice:

    Сайт replica-avenue.com предлагает качественные реплики брендовой обуви по привлекательным ценам. Люкс копии обуви отличаются высочайшим качеством, точным исполнением деталей и применением натуральных материалов. Ищете кроссовки реплика купить? Replica-avenue.com – ресурс, где вы сможете узнать, как от оригинала отличается копия. В нашем каталоге можно подобрать классические или же спортивные модели различных типов. Осуществляется отправка товаров по всей РФ и миру удобным способом. Чтобы приобрести необходимую пару, созвонитесь с нами по телефону.

  13. Dymaznalork dice:

    О компании НовоПласт все говорят с уважением и восхищением. Здесь производят высококачественные наполнители. Мы стремимся удовлетворить желания своих клиентов и учесть их потребности. Основными достоинствами компании являются большой ассортимент продукции и многолетний опыт работы на рынке текстильных материалов. Ищете производство нетканых текстильных материалов? Novoplast-grup.ru – сайт, где можно узнать больше информации о нас. Готовы обеспечить оперативную доставку продукции в необходимое время. Строим надежные и длительные отношения с нашими партнерами.

  14. Полёты на параплане в Анапе – Экскурсия Пшадские водопады, Экскурсия Пшадские водопады

  15. RobertDar dice:

    создание сайтов и веб дизайн https://razrabotka-sajtov-pod-klyuch.ru/

  16. hyip под ключ – купить шаблон h script, купить хайп

Debes ser identificado introducir un comentario.