CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA 2020

O próximo día 4 de xullo celebrarase en Vigo (salón de actos do Edificio das Federacións Deportivas) a Asemblea Ordinaria da Federación Galega de Balonmán. A primeira convocatoria será ás 09:30, mentres que a segunda terá lugar trinta minutos máis tarde.

Na orde do día figura a presentación do presidente, o informe sobre os acordos adoptados na asemblea da RFEBM, situación COVID-19; análise e datos relevantes da tempada 2019/2020, así como o informe económico e aprobación de contas. No adxunto, tedes a convocatoria, con todos os puntos da orde do día.

Os asembleístas poderán presentar as súas propostas ata o 16 de xuño, ás 20:00 horas enviándoas por mail a licenzas@fgbalonman.com. Recordamos que todas as propostas deben ir asinadas por un mínimo de cinco asembleístas para ser válidas.

No seguinte enlace tedes o modelo de autorización de delegación do voto na asamblea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *