TODO O BALONMÁN EN DIRECTO E AO TEU ALCANCE!

A partir desta fin de semana terás todo o balonmán en directo na túa man! So tes que conectarte a través da web www.fgbalonman.com, no apartado iSQUAD-TV DIRECTOS do menú superior e poderás acceder a todos os partidos que se estean disputando neses intres en directo nunha multipantalla. Podes seleccionar os encontros dos clubs galegos, ou tamén do resto de España. Fai a túa composición!

Ademais, posteriormente, poderás ver en diferido todos os partidos que se retransmitiron por streaming. Para iso deberás acudir ao apartado iSQUAD-TV DIFERIDOS, seleccionar no menú da esquerda á Federación Galega de Balonmán e terás o listado de todos os encontros dispoñibles. Por suposto, tamén poderás ver os partidos doutras comunidades.

Se non podes estar no pavillón, poderás velo, seguilo e gozalo a través do teu ordenador, do teu móbil ou da túa televisión.

#SomosGalicia #SomosBalonmán #SomosSolución #ForteCoDeporte

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *