TUI DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á TEMPADA COA COPA E SUPERCOPA GALICIA 2026

Espazo Sociocultural Camilo José Cela acolleu hoxe a presentación oficial das dúas grandes competicións que abrirán a tempada 2026-2027 do balonmán galego

O Espazo Sociocultural Camilo José Cela en Tui acolleu na mañá deste venres a presentación oficial da Copa Galicia e da Supercopa Galicia 2026, un acto que serviupara dar o pistoletazo de saída á nova tempada do balonmán galego e presentar dúas das competicións máis destacadas do calendario da Federación Galega de Balonmán.

A cita reuniu ás institucións, á Federación Galega de Balonmán e aos clubs protagonistas das catro finais que se disputarán en Tui, nun acto que puxo en valor o crecemento do balonmán galego e a importancia destas competicións como inicio oficial da tempada 2026-2027.

TUI, CAPITAL DO BALONMÁN GALEGO

Na presentación participaron Roberto García Fernández, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Xisela Aranda, directora de Deportes da Deputación de Pontevedra; Enrique Cabaleiro, alcalde do Concello de Tui; Rafael Estévez, concelleirode Deportes do Concello de Tui; Bruno López Molina, presidente da Federación Galega de Balonmán; e Agustín Martínez, presidente do Club Balonmán Tui, ademais dos representantes dos clubs que competirán polos primeiros títulos da tempada.

Durante as diferentes intervencións, as autoridades coincidiron en destacar o papel de Tui como unha cidade estreitamente ligada ao balonmán e a importancia de seguir achegando grandes eventos deportivos ao territorio galego.

O Concello de Tui puxo en valor a oportunidade que supón para a cidade converterse, unha vez máis, nun punto de encontro do balonmán galego, mentres que o ClubeBalonmán Tui destacou o orgullo de acoller nuevamente un acto, que nesta caso reúne aos principais protagonistas das máximas categorías, no inicio da tempada.

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra reafirmou que Pontevedra é a provincia do deporte, o seu compromiso co deporte e co apoio ás grandes competicións que se celebran na provincia, mentres que a Xunta de Galicia salientou o excelente momento que vive o balonmán galego e a importancia de seguir impulsando eventos que contribúan ao seu crecemento.

Desde a Federación Galega de Balonmán, Bruno López subliñou que a Copa Galicia e a Supercopa Galicia representan o comezo dunha nova tempada chea de ilusión, na que clubs, xogadoras, xogadores e afección volverán ser os grandes protagonistas.

CATRO FINAIS PARA ABRIR A TEMPADA

A Copa Galicia e a Supercopa Galicia 2026 reunirán sobre a pista do Pavillón Gustavo Rodríguez de Tui a oito do balonmán galego, que loitarán polos primeiros títulos oficiais da tempada.

A programación da competición será a seguinte:

11:00h Copa Galicia Feminina: Helvetia Saeplast Cañiza – A.D. Carballal

13:00h Copa Galicia Masculina: Teucro Lintel – Bueu Atlético Balonmán

17:00h Supercopa Galicia Masculina: Frigoríficos do Morrazo BM Cangas – Attica 21 Hotels OAR Coruña

19:00h Supercopa Galicia Feminina: Conservas Orbe Zendal BM Porriño – BalonmánAtlético Guardés

Os catro encontros decidirán os primeiros campións da tempada 2026-2027 nunhaxornada que volverá reunir o mellor balonmán galego tanto en categoría feminina como masculina.

O COMEZO DUNHA NOVA TEMPADA

Ao longo da presentación, os representantes dos clubs compartiron as súas sensaciónsantes das finais e coincidiron en sinalar a ilusión de comezar a tempada competindodirectamente por un título, nun escenario no que se darán cita algúns dos principaisreferentes do balonmán galego.

A Copa Galicia e a Supercopa Galicia volverán servir como escaparate do talento dos clubs da comunidade e como punto de partida dun novo curso deportivo que promete grandes emocións.

Desde a Federación Galega de Balonmán convídase a toda a afección a achegarse aoPavillón Gustavo Rodríguez de Tui para vivir unha xornada de balonmán ao máis alto nivel e acompañar aos equipos protagonistas destas catro finais.

A Federación Galega de Balonmán quere agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Tui e do Clube Balonmán Tui por facerposible a celebración deste acto de presentación e dunha nova edición da Copa Galicia eda Supercopa Galicia.