UVIGO, CAMPIOA DE ESPAÑA UNIVERSITARIA DE BALONMÁN FEMININO!

Conseguido! O equipo de balonmán feminino da Universidade de Vigo proclamouse hoxe campión de España Universitario tras vencer nun partido case perfecto á Universidade de Castela a Mancha (37-28).

As rapazas dirixidas por Abel Estévez e Isma Martínez estiveron moi sólidas dende o inicio, cunha gran defensa e unha enorme efectividade en ataque, o que lles permitiu romper o partido xa na primeira parte. Castela a Mancha non sabía como frear este furacán ofensivo, con Sarai Martín á cabeza (logrou 11 tantos no partido). Ao descanso, as viguesas gañaban 19-14.

Na reanudación, UVigo volveu saír moi forte e logrou aumentar  as distancias aínda máis, ata chegar a un máximo de once tantos. Unha vez máis a defensa e a actuación das porteiras viguesas (Bego e Lidia) foron determinantes. Ao final, 37-28 e a Universidade de Vigo logrou o título.

Noraboa inmensa!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *