O vindeiro venres día 22 de decembro, ás 20:30 horas, o combinado galego disputará un encontro contra o Cisne Colegio Los Sauces, o partido será no Pavillón Municipal de Pontevedra e estará encadrado dentro do Memorial Manuel Luaces.
A selección absoluta de balonmán non se reunía dende o ano 2018; nesta ocasión, aínda que non poderá contar na pista con xogadores coma: Rodrigo Corrales, Xoán Ledo, Pedro Rodríguez, Diego Piñeiro, Carlos Álvarez, Álvaro Preciado…; Víctor García Pillo e Sergio Carballeira confeccionaron un plantel xove e con moito futuro.
Bruno López, presidente do ente federativo recoñece: “somos conscientes de que as datas son complicadas para contar coa maioría dos nosos internacionais, algúns deles estarán no pavillón pero sen poder participar no encontro; esta convocatoria supón un primeiro paso de cara a estandarizar un torneo anual onde poidamos desfrutar do combinado galego; a columna vertebral do equipo con Víctor García Pillo, Sergio Carballeira e Manolo Campelo está garantida, e por suposto que ver de novo a xogadores coma Álex Chan, Andrés Vila, Aarón Díaz, José Leiras ou Daniel Virulegio, entre outros, vestir a camisola galega é un orgullo para nós”.
O banco galego gozará do coñecemento e veteranía de Víctor García Pillo, que estará acompañado por un dos adestradores do momento, o cal está a realizar unha gran tempada co TM Benidorm na Liga Asobal, o pontevedrés Sergio Carballeira. Os dous terán ao seu carón a parte da historia viva do Balonmán Galego, ao delegado por excelencia e a unha das mellores persoas e mais implicadas da nosa disciplina, o rosaleiro, o gran José Manuel Fernández Costas, máis coñecido coma “Manolo Campelo”.
O combinado galego estará formado por:
NOME E APELIDOS | CLUB | |
1 | ALEXANDRE CHAN BLANCO | SAN PABLO BURGOS |
2 | JORGE GARCÍA LLORIA | SAN PABLO BURGOS |
3 | DIEGO PRADA MENA | HANDBOL CLUB EIVISSA |
4 | ARÓN DÍAZ LEDO | PUERTO SAGUNTO |
5 | DIEGO MARTÍNEZ VÁZQUEZ | O.A.R. CIUDAD 1952 |
6 | XURXO RIVAS LAGO | SD. TEUCRO |
7 | ANDRÉS VILA CARRACEDO | BALONMANO NAVA |
8 | MARTÍN DAVILA PORTO | BM. CAÑIZA |
9 | MARCOS DORADO ÁLVAREZ | BM. GUADALAJARA |
10 | DANIEL VIRULEGIO NIÑO | BM. VILLA DE ARANDA |
11 | HÉCTOR GIL ÁLVAREZ | ATLÉTICO NOVÁS |
12 | JOSÉ LEIRAS ESTÉVEZ | ATLÉTICO NOVÁS |
13 | ANDRÉS SÁNCHEZ PEREIRO | ATLÉTICO NOVÁS |
14 | YAGO SANTOMÉ RELLO | ATLÉTICO NOVÁS |
15 | MANUEL MARTÍNEZ VICENTE | ATLÉTICO NOVÁS |
SELECCIONADOR | VÍCTOR GARCÍA BORRÁS | |
ADESTRADOR | SERGIO CARBALLEIRA JUSTO | |
DELEGADO | JOSE MANUEL FERNÁNDEZ COSTAS |
O seleccionador, Pillo comentou: “ é unha boa oportunidade para ver unha selección con mezcla de rapaces novos e xente máis veterana, que sen duda co Cisne darán un bó espectáculo”.
O encontro estará precedido, ás 18:00 horas, por un amigable da selección galega xuvenil masculina contra o Artai Poio.
Cita obrigada para os/as amantes do Balonmán Galego, o venres 22 de decembro, ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de Pontevedra.
A entrada será gratuita.