XOAN LEDO, CONVOCADO COS HISPANOS PARA O TORNEO DE CATAR

O porteiro galego Xoan Ledo forma parte da lista dos Hispanos ofrecida polo seleccionador nacional masculino, Jordi Ribeira, para participar no Torneo de Catar, onde se enfrontarán a Túnez, Arxentina e a propia Catar, todas elas participantes no próximo Campionato do Mundo de Exipto 2021 e mesmo rivais de España alí, como é o caso dos tunisianos.

Os xogadores convocados están citados o 25 de decembro pola noite en Madrid, realizando ao día seguinte un adestramento matinal nas instalacións do Consello Superior de Deportes. A continuación, viaxarán cara a Catar para debutar o 27 ante Túnez.

HORARIOS | TORNEO CATAR 2020

Domingo, 27 de decembro (13:00 h.) | España : Túnez

Luns, 28 de decembro (15:00 h.) | España : Arxentina

Martes, 29 de decembro (15:00 h.) | España : Catar

Noraboa Xoan!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *