Hoxe ás 17:15 horas, no Teatro Jofre de Ferrol terá lugar a entrega das distincións ao mérito deportivo da Xunta de Galicia 2023.
O Balonmán Galego terá unha ampla representación nos diferentes estamentos:
Xosé Luis Pérez Ouro, ex-árbitro nacional de balonmán e ex-presidente da Federación Galega de Balonmán durante doce anos. Ouro tivo un papel moi relevante no Balonmán Galego durante os seus tres mandatos, realizando importantes avances que posicionaron á Federación Galega de Balonmán coma unha das principais potencias balonmanísticas a nivel nacional.
José Covelo, socio número 1 do Clubs Cisne, ex-vicepresidente da entidade, ex-concelleiro, ex-técnico de deportes da Deputación de Pontevedra é un incuestionable namorado do deporte, e en concreto do balonmán. José Covelo é posiblemente o mellor exemplo para recibir un recoñecemento coma este; un autentico luxo para o noso deporte contar con alguén coma él.
Begoña Fernández Molinos é un dos referentes do Balonmán Galego coma xogadora, medalla de prata no Europeo de 2008 e medalla de bronce no Mundial e 2011 e nos Xogos Olímpicos de 2012. Begoña deixou a práctica deportiva no ano 2015, fixo unha toma de contacto nos bancos coa Unión Balonmán Lavadores de Vigo e actualmente está moi inmersa na súa vida profesional e persoal.
O Mecalia Atlético Guardés é o club máis laureado da historia do Balonmán Galego. Este club fixo que A Guarda e o Balonnmán Galego acadasen un importante papel no mapa balonmanístico internacional, desputando durante varias tempadadas a European Cup e chegando á final na tempada 22-23; ademáis o Mecalia Atlético Guardés normalizou a súa clasificación para a fase final da Copa da Raíña e ano a ano está a disputar o título ligueiro cos mellores clubs de España; merecido e necesario recoñecemento!.
Antón Piñeiro foi presidente do Club Balonmán Seis do Nadal durante vinte e tres anos, rematando a súa etapa coma dirixente na tempada 2016-17. Antón foi unha peza moi importante na evolución da canteira do Seis do Nadal, chegando a acadar o ascenso do equipo sénior masculino a Primeira Nacional e o feminino a División de Honra Prata.
Pablo Aguirrerabiria foi unha das grandes figuras do balonmán na provincia da Coruña, un namorado do seu OAR Ciudad e un apaixoado no noso deporte;. Este vasco afincado en Galicia asentou o seu proxecto na cidade herculina, chegando a levar ao primeiro equipo do OAR a competir na División de Honra Prata. Pablo Aguirre, tristemente xa non está con nós dende o ano 2023, pero o seu legado segue presente no Balonmán Galego.
As distincións ao mérito deportivo por parte da Xunta de Galicia son un recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia; por iso dende a Federación Galega de Balonmán e de parte de todo o Balonmán Galego, queremos darlles a noraboa a todos e todas as premiadas; foron, son e serán figuras e entidades clave na historia do noso deporte.