A XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN CUMPRE DOUS ANOS DE MANDATO

A xunta celebrou hoxe, con todas as medidas de prevención anti COVID-19, unha reunión para facer balance e marcar os obxectivos para a segunda parte do mandato. O Mundial e a pandemia marcaron o descorrer destes dous anos, nos que houbo un gran avance en materia de imaxe, comunicación e formación online.

A xunta directiva encabezada por Bruno López cumpre dous anos de mandato. Dous anos complicados, nos que a Federación Galega tivo que organizar un Mundial Júnior (2019) e despois facer fronte a unha pandemia que paralizou o mundo enteiro.

O día 19 de febreiro de 2019 a nova directiva, con Bruno López como presidente, púxose ao fronte da Federación Galega de Balonmán, con moita ilusión e proxectos ambiciosos. O primeiro e máis importante era sacar adiante a organización dun Mundial Júnior, con so cinco meses por diante. Foi unha ardua tarefa que a Federación emprendeu coa máxima ilusión é co obxectivo de amosar xa neste evento os cambios que estaban a realizar. Así, coincidindo co inicio do Mundial, presentouse unha nova web e unha nova imaxe, como sinais de identidade. O Mundial  foi un fito histórico para o balonmán galego e, en palabras de Hassan Moustafa, presidente da IHF, foi “perfecto, correcto e excelente“.

O presidente, durante a súa intervención.

A partir de aí comezou o traballo para por en valor as competicións autonómicas, con novos formatos, tratando de que foxen máis atractivos e que cada unha das fases tivesen un incentivo. Desgraciadamente a pandemia da COVID-19 cortou a competición a metade. Novamente tocou reinventarse e outra vez a Federación volveu buscar formas de entretemento e formación para os seus clubs, directivas, xogadores/as, técnicos/as e árbitros/as. Durante todos estes meses traballouse intensamente para ofrecer formación online; para entreter  nas redes sociais da federación; para organizar unha volta segura, para facer o protocolo deportivo anti-COVID, para conseguir as mellores máscaras, para facer competicións novas co obxectivo de garantir ao máximo a seguridade… 

Pasaron dos anos e parece que pasou unha vida… Así que neste segundo  aniversario, chegou o momento da análise do feito e de plantexar novos retos cara ao futuro. O presidente de Federación Galega, Bruno López, destacou varios obxectivos para os dous vindeiros anos: “ofrecer medios aos clubs para profesionalizar as estruturas, iniciar un proxecto de balonmán na escola, chegar co balonmán a todos os pobos e cidades galegas e levar o balonmán á rúa”.

Debes ser identificado introducir un comentario.