CALENDARIO DOS CUARTOS DE FINAL DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

O Departamento de Competicións da IHF notificou a última hora da noite de onte o calendario definitivo para a xornada de hoxe 25 de xullo, que comprende a batalla pola President’ s Cup, os partidos desde a 9ª á 16ª praza, e os cuartos de final do Campionato do Mundo de España 2019 na categoría Júnior Masculina.

No día de hoxe todas as miradas van estar cravadas en dous compromisos de cuartos de final: primeiro, ás 18:45 horas en Pontevedra, con motivo do choque entre Francia e Dinamarca; e máis tarde en Vigo, ás 21:00 h., o compromiso que protagonizan Portugal e Eslovenia, dous claros favoritos ao título.

Destacar, á súa vez, que o compromiso dos Hispanos Junior de Isidoro Martínez pola novena praza foi fixado ás 16:30 h. en Pontevedra, no Pavillón Municipal de Deportes. Compromiso para o que a entrada ao recinto é gratis; non así para os restantes partidos de cuartos de final, cuxo prezo é o marcado en despacho de billetes previamente: 22€

Pontevedra

12:00 h. | Nixeria : Chile

14:15 h. | Hungría : República de Corea

16:30 h. | Alemaña : España

18:45 h. | Francia : Dinamarca

21:00 h. | Tunes : Croacia

Vigo

09:45 h. | Estados Unidos : Arxentina

12:00 h. | Xapón : Bahréin

14:15 h. | Brasil : Suecia

16:30 h. | Islandia : Serbia

18:45 h. | Exipto : Noruega

21:00 h. | Portugal : Eslovenia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *