Nova fin de semana de traballo para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina), que xa comezaron a prepararse para o Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) 2022.
A selección galega infantil masculina, nun só grupo, terá unha concentración durante a fin de semana no Colexio San Narciso. Pola súa banda a selección infantil feminina estará dividida en dous grupos distintos e con adestramentos o sábado e o domingo.
Na categoría cadete haberá concentración noo Colexio San Narciso durante a fin de semana, tanto en categoría masculina como feminina.
E rematamos coas seleccións xuvenís. A feminina adestrará o domingo pola tarde en dous grupos diferentes en Redondela (Bombonera), mentres que a masculina adestrará sábado (Pontevedra) e domingo (Cangas) con dous grupos diferentes.
A continuación tedes as convocatorias co plan de traballo, así como a autorización que deberán asinar pais/nais ou titores polos dereitos de imaxe e alerxias. Este documento deberá entregarse á chegada dos adestramentos xunto co DNI en vigor e TARXETA SANITARIA. (Sen estes documentos non poderán adestrar). PRÉGASE que se calquer xogador ten algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, no lo fagan saber coa maior brevidade posible a través desta dirección de mail para poder encargar as comidas especiais.
Calquera dúbida que lles xurda, poden poñerse en contacto a través de a.tecnica@fgbalonman.com
Your article helped me a lot, is there any more related content? Thanks!