RESERVA AS LOCALIDADES PARA A SEGUNDA XORNADA DA FINAL FOUR MASCULINA

Dende este intre, poderedes reservar as localidades para a segunda xornada da Final Four Deputación da Coruña da 1ª Autonómica Masculina, que se celebrará mañá 17 de maio en Carballo.

O aforo será restrinxido, de acordo co cumprimento do protocolo FÍSICOCOVID-DXT GALEGO. Son entradas gratuítas e estarán a vosa disposición ata que se esgoten.

O partido pola terceira posición (Acanor Novás Valinox B-BM Porriño) comezará ás 13:00 horas, mentres que a final, na que se decidirá que equipo disputará a fase de ascenso xunto co Meaño, iniciarase ás 18:30 horas con BM Culleredo e MC360 Poio Artai como finalistas.

A continuación, tedes as ligazóns para a segunda xornada masculina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *