A Federación Galega de Balonmán aplicará as modificacións do PROTOCOLO FISICOVID DXT-GALEGO a partires de mañá xoves 24 de marzo de 2022.
Despois de varias reunión mantidas nas últimas semanas entre federación e os/as responsables de protocolo COVID-19 de cada club e tras superar a fase III do “Plan para a transición cara a nova normalidade”, o balonmán galego consensuou adaptar as medidas preventivas á normativa vixente no ámbito deportivo, dando a posibilidade de xogar sen máscara e coas alternativas que actualmente se permiten:
- Os/as menores de seis anos NON teñen a obriga de empregar máscara en ningún caso.
- Para as persoas de seis anos en adiante exceptúase o uso da máscara sempre que se cumpra un dos seguintes requisitos:
- Estean VACINADOS/AS coa pauta completa e presenten o certificado de vacinación COVID que acredite tela completada polo menos 14 días antes da celebración do adestramento ou partido.
- Presenten CERTIFICADO DE RECUPERACIÓN que acredite ter unha diagnose de COVID-19 mediante unha proba PCR/Antíxenos dende fai máis de once días nos seis meses anteriores á solicitude do certificado.
- Que realicen TEST de antíxenos, serolóxicos ou similares cada 14 días. No caso das disputas dos encontros deberán realizarse polo menos 72 horas antes dos mesmos.
Os/as deportistas que non cumpran con a lo menos un destes requisitos terán que facer uso da máscara oficial, tal e como foi acordado pola Asemblea Extraordinaria do 26 de setembro de 2020.
O Balonmán Galego foi unha das primeiras disciplinas en facer uso da máscara para reactivar a actividade, o traballo dos clubs, a responsabilidade dos/as deportistas e a preocupación dos/as responsables Covid foi efectivo, exemplar e espléndido; non houbo casos de propagación dentro da actividade, algo que se pode calificar coma un éxito rotundo do balonmán galego.
POR QUE SE DECIDE DAR A POSIBILIDADE DE XOGAR SEN MÁSCARA AGORA E NON ANTES?
A Federación Galega de Balonmán sempre tomou as decisión con respecto ás medidas anti-covid con cautela e pensando sempre na seguridade dos/as federados/as e na continuidade da actividade, ademais sempre se tiveron en conta os datos estatísticos que se manexaban do proceso de comunicación e seguimento de casos positivos dentro do balonmán federado autonómico; manter a máscara a partires do mes de novembro e decembro non foi doado pero sabíamos que o noso protocolo estaba a funcionar e que nas datas de nadal podería xurdir unha nova ola de contaxios, algo que se amosou coma un acerto.
Nestes momentos, a flexibilización das medidas por parte das autoridades sanitarias é evidente, as determinacións das corentenas están a suavizarse e a incidencia da sintomatoloxía diminuíu de xeito notable; estase a percibir un contexto de relaxación que os/as deportistas e afeccionados/as perciben e que nos leva a tentar normalizar pouco a pouco a situación; ademais, a máscara, a parte da importancia na protección fronte ao virus, tiña un papel fundamental para evitar a consideración de contactos estreitos en caso de positivos dentro dun grupo.
O discurso da Federación Galega de Balonmán sempre foi o mesmo: o maior risco de contaxio non se atopa no xogo, o número, a forma e a duración das exposicións cara a cara ou o contacto durante un encontro ou adestramento de balonmán non son máis preocupantes ca outras situacións nas que o uso da máscara non é obrigatorio.
IMPORTANTE
O uso da máscara seguirá sendo obrigatorio nos interiores mentres a normativa non cambie, e para poder desfrutar de xogar sen ela no campo, será importantísimo que fóra del si a utilicemos, nas zonas comúns, en espazos reducidos ou con pouca ventilación e nas viaxes en grupo.
O virus non está a ter a mesma incidencia nin a provocar a mesma sintomatoloxía, pero segue aquí e debemos respectar sempre as medidas, unha relaxación fóra do campo poderá provocar que teñamos que volver a xogar con máscara, por iso, dende a Federación Galega de Balonmán apelamos á mesma responsabilidade amosada ata o de agora e ao sentido común para entre todos/as poder seguir desfrutando dun balonmán seguro.
Debes ser identificado introducir un comentario.