Despois de varios meses de preparación, chegou o momento da verdade para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas. Os nosos combinados comezan mañá o Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro na provincia de Alacante. O CESA regresa ás súas datas habituais despois do suspensión da edición do ano 2021 e do retraso da correspondente ao ano 2022.
A expedición galega, formada por preto de 140 persoas, chegou hoxe a Benidorm, sen novidades e con ganas de saltar á pista. Foi unha longa viaxe en tres autobuses e dúas furgonetas na que se desprazaron as seleccións, corpos técnicos, corpo médico, equipo de comunicación e membros da xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, co seu presidente Bruno López ao fronte.
A competición comezará mañá con este calendario para as nosas seleccións:
Infantil feminina. Galicia forma parte do grupo B da Copa de España xunto a Cantabria e A Rioxa. O combinado dirixido por Ana Alonso comeza a competición fronte á Rioxa nun partido fundamental para coller confianza, cara ao obxectivo de acadar o ascenso. A seleccionadora Ana Alonso pensa que “a nosa selección chega nun bo momento. Levamos acumuladas moitas sesións de traballo dende o mes de abril. O modelo está asentado e a verdade é que estamos contentos co rendemento do grupo”.
A Copa está dividida en tres grupos de 3 equipos cada un. Ana recordou que “as predicións nesta categoría son difíciles, e podes gañar e perder con calquera. Así, a idea é ir partido a partido, co obxectivo de clasificarnos para a eliminatoria de ascenso a Campionato de España e poder xogar os cuartos de final do Campionato”.
Mañá, Galicia-A Rioxa (12:00 horas).
Infantil masculina. Galicia, que defende o bronce acadado o pasado ano, forma parte do grupo A xunto a Catalunya, Navarra e Castela a Mancha. Adrián Menduíña destacou que “é un grupo con seleccións complicadas como Catalunya e Navarra, das que non temos moitas referencias previas pero que son seleccións que nos años anteriores veñen facéndoo moi ben. Con respecto á última selección, que é Castela a Mancha, temos a referencia de xogar con eles en verán xa, e probablemente foi o partido que máis nos costou ganar nese torneo. Polo tanto hai que ter respecto polos rivais, pero nós estamos moi contentos co traballo previo realizado pola nosa selección e imos dalo todo neste CESA”.
Mañá, Castela a Mancha-Galicia (18:00 horas).
Cadete feminina. O combinado galego parte da Copa de España co obxectivo de chegar ao Campionato e dar a sorpresa. Galicia está encadrada no grupo B da Copa xunto a Cantabria (tamén descendida o pasado ano) e Murcia. O seleccionador Adrián Pumar destacou que ambos rivais son duros e que na Copa non han posibilidade de erro: “O que ten a Copa é que cada partido é unha final e iso fai que todos os encontros sexan tensos”. Sobre a súa selección, afirmou que “a palabra que usaría para definila sería OHANA (familia), porque este ano construímos un grupo moi unido, moi familiar, no que cada unha mataría polas demais”.
Mañá, Galicia-Cantabria (12:00 horas).
Cadete masculina. A selección galega está encadrada no grupo A da Copa de España xunto a Canarias e Cantabria. O seleccionador César Armán destacou a dureza do grupo, xa que “nos tocaron dous dos cocos da Copa. Canarias conta con varios xogadores de moita calidade e se caracteriza por un xogo rápido e dinámico. Por outra banda, Cantabria ten un bo grupo, sen individualidades pero moi competitivo”. Así, o obxectivo é “impoñer o noso ritmo e demostrar do que somos capaces, xa que nos caracterizamos por ser competidores natos”.
Mañá, Galicia-Canarias (16:00 horas).
Xuvenil feminina. A selección galega xuvenil feminina forma parte do grupo A do Campionato de España, xunto a Euskadi, Catalunya e Navarra. O seleccionador Manu López falou do seu equipo sinalando que “somos un grupo que fai un balonmán divertido, que viaxa co obxectivo de pasalo ben e aspirando a todo no CESA”. Iso si, non houbo sorte no sorteo xa que lle tocou un grupo moi complexo: “Temos un grupo moi competitivo, sen un dominador claro, con todas as seleccións cun nivel alto”.
Mañá, Galicia-Navarra (12:00 horas).
Xuvenil masculina. O grupo B da Copa de España está formado por Galicia, Aragón, A Rioxa e Asturias. O seleccionador Fernando Vázquez destacou que son grandes rivais: “Por unha banda, está a selección de Asturias, que estivo no torneo Deputación da Coruña, con baixas importantes, e puxo serios problemas á nosa selección, que só gañou por dous goles de diferenza. A selección de Aragón chega con moi boa prensa, despois de vencer a Valencia e Navarra”. E por último, “ A Rioxa, que ten menos nome, pero é un grupo moi competitivo, ao que haberá que xogarlles moi ben e con moita concentración”.
Con respecto á súa selección, na que houbo tres baixas de última hora, Vázquez destacou que “é un grupo sen grandes nomes, pero é un equipo no máis amplo sentido da palabra”.
Mañá, Galicia-A Rioxa (16:00 horas).
lipitor price in canada: cheapest ace inhibitor – lipitor purchase
lasix 40mg: buy furosemide – lasix side effects
https://furosemide.win/# furosemide 100mg
buy cytotec: buy misoprostol tablet – cytotec buy online usa
tamoxifen bone pain: nolvadex 10mg – does tamoxifen make you tired
lisinopril 12.5: Buy Lisinopril 20 mg online – lisinopril 3973
lasix: cheap lasix – lasix 100mg
nolvadex steroids: tamoxifen 20 mg – tamoxifenworld