Os galegos Álvaro Preciado (Cisne Colegio Los Sauces) e Brais González (BM Cangas) forman parte da primeira convocatoria de Rodrigo Reñones, o novo seleccionador nacional júnior masculino.
O central do Cisne volveu ao combinado nacional para participar na primeira actividade do novo equipo técnico, que se celebrará do 20 ao 27 de outubro na localidade salmantina de Béjar. E poucos días despois tivemos a boa nova de que se incorporaba á convocatoria o xogador do Frigorñificos do Morrazo, Brais González, en substitución de Didac Romero.
Será unha semana de traballo para que o novo seleccionador poida examinar aos seus pupilos. Reñones mantivo o bloque do anterior responsable técnico e vai ir incorporando a novos valores pouco a pouco.
Noraboa Álvaro e Brais!!
Debes ser identificado introducir un comentario.