Os mellores equipos xuvenís de Galicia loitarán pola segunda praza para o sector estatal.
Hoxe, ás 17:00 horas, presentouse a Final 4 Xuvenil feminina e masculina. O acto de presentación contou coa presenza de: José Barciela, Presidente do A.D. Carballal, club organizador, Carla Abad, Vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán e Bruno López, Presidente da Federación Galega de Balonmán. Ademais, estiveron presentes os equipos xuvenís do club organizador que participarán na competición: o Calfrima Carballal (xuvenil feminino) e o Autocaravanas Van&Fun A.D. Carballal (xuvenil masculino).
A Final 4 disputarase o sábado 29 e o domingo 30 de marzo no Pavillón Loureiro de Vigo. Os horarios dos encontros son os seguintes:
Sábado 29
10:00 – Semifinal 1 Feminina: Mecalia Atlético Guardés – SAR Rodavigo
12:00 – Semifinal 2 Feminina: Calfrima Carballal – Balonmán Chapela
14:00 – Semifinal 1 Masculina: Embutidos Lalinense – Autocaravanas Van&Fun A.D. Carballal
16:00 – Semifinal 2 Masculina: Celtamotor Reconquista de Vigo – Club Cisne Colegio Los Sauces
Domingo 30
11:00 – 3º e 4º posto Feminino
13:00 – 3º e 4º posto Masculino
16:30 – Final Feminina
18:30 – Final Masculina
Ás 20:00 horas, celebrarase a entrega de premios, a onde acudirán a recoller o seu galardón os equipos campións galegos: o Escayolas Miguel Santos Bm. Cangas, en categoría xuvenil feminina, e o Bm Culleredo Remax Riazor, en categoría xuvenil masculina. Ambos equipos xa se atopan clasificados para disputar o sector nacional.
A Final 4 xuvenil masculina e feminina contará con actuacións nos descansos e con actividades no exterior organizadas polo club local, que tratarán de amenizar unha fin de semana na que o balonmán será o gran protagonista.
O club organizador xa puxo á venda as entradas a través da seguinte ligazón:


