Neste tempo de confinamento na casa, as videoconferencias son máis necesarias que nunca. Por este motivo, a Federación Galega de Balonmán decidiu crear unha sala de videoconferencias para que os seus clubs e federados poidan desenvolver reunións e encontros a través desta plataforma.
O funcionamento é moi sinxelo. O primeiro é enviar un correo electrónico a d.xeral@fgbalonman.com facendo a petición da sala, especificando día e hora para a que necesitaban facer uso deste servizo. Posteriormente se lle facilitará o número da sala que lle corresponde, así como o contrasinal de acceso. E pouco máis! Chegado o día, so deberán acceder a páxina web da Federación Galega de Balonmán, buscar á sala de videoconferencias (sinalado cunha cámara na parte superior da web), seleccionar a sala asignada e e introducir o contrasinal.
Este servizo vai dirixido a todos os sectores que conforman a federación galega, clubs, xogadores, árbitros… E por iso, dende a Federación animámosvos a probar e usalo cantas veces o necesitedes, tanto por cuestións de traballo, como tamén para ter un lugar de encontro con compañeiros, xunta directiva… É gratuíto!
No seguinte vídeo tedes unha explicación de como acceder a este servizo.