CURSO DE ÁRBITRO/A ANOTADOR/A CRONOMETRADOR/A

O prazo de inscrición está aberto ata o 12 de agosto de 2025, o formato será online con dúas xornadas presenciais os días 6 e 7 de setembro de 2025.

A Federación Galega de Balonmán convoca un curso de árbitro/a, anotador/a cronometrador para calquera persoa maior de 14 anos que desexe obter a capacitación para realizar tarefas arbitrais ou de auxiliar de mesa.

O alumnado terá que estar rexistrado na plataforma isquad (gratuíto) da Federación Galega de Balonmán, a través do seguinte link:

https://balonmano.isquad.es/afiliaciones/login.php

O curso levaras a cabo de xeito online, con dous días presenciais (6 e 7 de setembro) que coincidirán coa celebración do Stage Arbitral da Federación Galega de Balonmán e da Copa e Supercopa Galicia. Ademáis o alumnado interesado en exercer, terá que realizar prácticas remuneradas nas competicións de promoción de categorías de base.

O alumnado que supere o curso de xeito favorable, recibirá o certificado de Árbitro/a e Auxiliar de Mesa por parte da Federación Galega de Balonmán.

O curso será impartido polo seguinte profesorado:

  • Marta González e Pablo Barreiro – Árbitros de categoría nacional do colectivo arbitral galego e formadores habituais de novos árbitros/as na Federación Galega de Balonmán.
  • Iria Rivera – Árbitra Territorial do colectivo arbitral galego e nacional de balonmán praia. Formadora habitual de novos árbitros/as na Federación Galega de Balonmán.
  • Aurelio Barreiro – Delegado federativo da Real Federación Española de Balonmano e Directivo da Federación Galega de Balonmán coa función de responsable arbitral.
  • Abel Juncal – Árbitro de categoría División de Honra Prata con máis de 10 anos no colectivo arbitral galego. Formador habitual de novos árbitros/as na Federación Galega de Balonmán.
  • Alberto Rodríguez – Ex árbitro Asobal (máxima categoría nacional) e responsable da formación arbitral na da Federación Galega de Balonmán. Máis de 30 anos de experiencia arbitral.

A carga lectiva do curso será a seguinte:

Bloque específicoTotalOnline
Regras de xogo Balonmán 58100%
Regras de xogo Balonmán 78100%
Anotación e cronómetro4100%
Administración1100%
Imaxe corporativa1100%
Titorías2100%

Os contidos que se impartirán son:

  1. Regras de xogo Balonmán 5

Iniciación ó regulamento de minibalomán así como os fundamentos do xogo e a labor arbitral en categorías de formación.

  • Regras de xogo Balonmán 7

Iniciación ó regulamento de balonmán así como os fundamentos do xogo e a labor arbitral en todas as categorías.

  • Anotación e cronómetro

Achegamento ás funcións de anotador/a cronometrador/a e a súa importancia no desenrolo dos encontros. Tarefas a realizar antes, durante e despois dun partido.

  • Administración

Procedementos administrativos básicos do colectivo arbitral: solicitude de gastos, subida de actas, primeiro contacto coa plataforma ISquad, rexistro como arbitro/a… etc.

  • Imaxe corporativa

A importancia da imaxe que se proxecta como membros do colectivo arbitral e os comportamentos a evitar, así como aqueles que nos definen e reforzan.

Para calquera dúbida podese contactar no cte.arbitros@fgbalonman.como ou no 986410618