CATRO TRIUNFOS GALEGOS NA SEGUNDA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CANTABRIA

Non foi mala a xornada para Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria, aínda que puido ser mellor. Ao final, catro vitorias e dúas derrotas. A selección cadete masculina confirmou hoxe a súa clasificación para cuartos de final, mentres que as seleccións infantil e xuvenil femininas lograron importantes triunfos ante duros rivais. O equipo infantil masculino gañou sobre a campá nun emocionante partido e os equipos xuvenil masculino e cadete feminino viviron os momentos máis duros da xornada.

Cadete masculino: Galicia, 24 – Castela e León, 19

24. Galicia: Martín Fuentes (1), Manuel Barreiro, Roberto Castro (3), Julián García (1), Manuel Pérez (7), Jorge López, Pablo Gándara (4), Jorge Domato (2), Rubén Sequeiros (1), Gael Blanco (3), José Manuel Meira, Sergio Blond, Nuno Loxo, Daniel Pérez, Adrián Pérez (1), Mateo Díaz (1).

19. Castela e León: Jorge Vega, Enrique Calvo (3), Arturo Garci, Marco Prieto (1), Ignacio Gallego, Alejandro Pisonero (10), Alex García, Alberto Montiel, Pedro Rodríguez (1), Javier Miñambres, Germán Ajo (1), Pablo Herrero (2), Marco Torres (1), Daniel Tsvetelinov, Jairo Argueso, Óscar Rico.

Árbitros: Adrián Rodríguez e Francisco Fernández.

Parciais: 2-1, 4-2, 5-3, 5-4, 7-7, 9-7 (descanso), 11-9, 12-11, 15-12, 18-14, 20-16, 24-19 (final).

Segunda vitoria para a selección galega cadete masculina, que confirmou así a súa clasificación para os cuartos de final. O partido non foi sinxelo, con moitos erros na primeira metade, pero na segunda Galicia soubo xogar coa cabeza moi fría cando máis presionaba Castela e León e confirmar así o triunfo.

Na primeira parte houbo moita loita, defensas moi fortes e presionantes e bastantes erros nos lanzamentos. Galicia sabía que a clave era frear ao seu central, e así lograron que un equipo moi goleador, apenas marcase. Ao descanso o marcador era moi curto (9-7, para Galicia).

Tralo paso por vestiarios pouco cambiou. Castela e León non quería deixar escapar aos homes de César Armán, e os nosos respondían sempre con eficacia. Cando había un erro en ataque, máis consistente era a defensa galega para recuperar o balón. Así, con distancias curtas, Galicia seguía por diante ata que a falta de 15 minutos por fin os nosos lograron enlazar dúas contras consecutivas e despegarse no marcador.  Ao atoparse un pouco máis lonxe e a falta de poucos minutos para o remate, Castela e León cambiou a defensa a 3-3, pero a pesar da enorme presión, Galicia, moi ben dirixida por Sergio Blond e Manuel Pérez, facía fácil o difícil e resolvía con máis goles. Ao remate, 24-19, e clasificados para cuartos de final.

Mañá, Navarra-Galicia (13:30)

Infantil feminino: Madrid,  14– Galicia, 20

14. Madrid: Marta Salido, Adriana García (1), Sara Fidalgo (1), Celia Martí, Lidia Lucio (1), Antonia Ilianova (1), Ainhoa Fernández (4), Nuria Puebla, Shierly Carrión, Tai Blanco, Isabel San Juan (2), Alexandra García, Paula Vidriales, Paula Paloma (1), María Labrado (2), Elena Vicente (1).         

20. Galicia: Adriana Rial (1), Alba Fernández, Sara Pereira (6), Lucía Castiñeira (1), Yara Pacheco (1), Nerea Patiño (5), Shaila Fernández (1), Irene Ríos, Naihara Costas (3), Aine Roca, Irene Romero, Inés Bernárdez, Lidia Sanda, Iria Augusto, Alejanda Montenegro, Leticia Santos (2).

Árbitros: Miguel Montaner e Pau García.

Parciais: 2-1, 3-4, 4-6, 6-8, 8-9 (descanso), 8-12, 9-14, 10-15, 12-18, 14-20 (final).

As minigalaicas acadaron a primeira vitoria no Campionato de España, facendo moi pequena a Madrid, grazas a unha defensa espectacular e rápidos contragolpes.

Todos os nervios da primeira xornada quedaron no hotel, para só amosar as virtudes que este equipo posúe: Alma, corazón e garra. Así, loitando cada balón como se fora o último e defendendo cunha forza impresionante foi como se cimentou este triunfo.

Na primeira metade, o choque estivo un pouco máis igualado, pero sempre con Galicia por diante. Pero tralo descanso, inicio irresistible das rapazas de Ana Alonso, que acadou un parcial de 1-5 nos primeiros 10 minutos que decidiu o resultado final (9-14, min. 35). O equipo galego defendía cunha intensidade incrible e, se as madrileñas lograban superar esa férrea defensa, atrás estaba Irene Ríos que o paraba todo.

Desta forma, pasaban os minutos e as nosas non baixaban a intensidade, polo que non houbo nervios nin emoción nos instantes finais, so a emoción e alegría das minigalaicas, que seguen sorprendendo no grupo máis duro posible.

Mañá, Galicia – Cataluña (09:30 horas)

Xuvenil feminino. Castela e León, 25 – Galicia, 37

25. Castela e León: Alba Badás, Candela González (2), María Alonso, Natalia Garcés (1), Paula Fondevila (3), Ainara Marijuan, Elena García (1), Zhuxi Zhan (2), Violeta Prados (2), Marina Rodríguez (1), Clara Carnero, Lucía Lorenzo (4), Carmen Fernández (1), Cecilia Colmenero (7), Eva Gómez, Paula Alonso (1).

37. Galicia: Lucía Afonso, Patricia Mallo (), Sabela Miniño (8), Antía Estévez, Antía Seijo (6), Adriana Mallo (4), Carme Castro, Marta da Silva (4), Area Martínez, Sara Román, María Currás (6), Goretti Miguel (1), Laura Magdaleno (2), Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (6), Adriana Ayude.

Árbitros: Alejandro Hoz e Axel Riloba.

Parciais: 2-2, 3-4, 7-6, 8-9, 10-11, 12-14 (descanso), 13-17, 15-19, 16-23, 19-27, 22-32, 25-37 (final)

Partidazo das xuvenís galegas que necesitaban algo así para superar o mal partido da primeira xornada. As galegas tiraron de coraxe, corazón e xogo para borrar no segundo tempo a Castela e León e vencer por doce tantos (distancia que pode ser importante para a clasificación en caso de empate a puntos).

A primeira metade estivo un pouco máis igualada, aínda que as rapazas de Carla Abad mandaban no marcador, iso sí con distancias curtas. Aínda había un pouco de resquemor polo empate ante Navarra do día anterior e non estaban de todo cómodas sobre a cancha. Ao descanso, 12-14 para Galicia.

Pero tralo paso por vestiarios, todo cambiou. As galegas saíron concentradas, moi presionantes en defensa e aproveitando rápidas contras para irse no marcador. Nos primeiros dez minutos lograron un parcial de 7-2, que decidiu o partido, pero as galaicas mantiveron o ritmo e continuaron apertando ata o final.

Mañá, Galicia-Asturias (11:30 horas)

Infantil masculino. Aragón, 21 – Galicia, 22

21. Aragón: Fernando Vaquero, Diego Castillo (1), Diego Álvarez, Jonas Vicente (2), Ismael Pérez (3), Joel Romero, Juan García (5), Pablo Muñoz (3), Nicolás Porcel, Víctor Pérez, Alejandro Sánchez (1), Mario Vergara (2), Martín Usón (4), Diego Alcón.

22. Galicia: Eloy Pérez, Xurxo Fraga (5), Brais Cangado (1), Pablo Veiga, Samuel Seijas, Xulio Fernández (1), Lucas Jiménez (1), Yago Raimúndez, Xoan Fernández (2), Mauro Lago (1), Erik Vázquez (3), Juan Ramón Villar, Alex Alonso (2), Manuel Lorenzo (6), Nicolás Giráldez, David Failde.

Árbitros: Saul Carlos Oliveira e Rubén Martínez.

Parciais: 3-2, 6-4, 7-7, 8-8, 13-9,(descanso),  14-11, 15-13, 17-16, 20-17, 21-22 (final).

Importantísimo triunfo para os infantís, que lograron remontar e poñerse por diante no marcador a falta de 20 segundos e lograr así dous puntos que os manteñen vivos no CESA.

O partido comezou moi igualado e con opcións para Galicia de irse no marcador, pero os erros no lanzamento fixeron que os aragoneses se mantiveran na contenda. Así, no minuto 20, 8-8. Pero os últimos cinco minutos da primeira metade foron moi malos, con perdas inocentes de balón, e o rival chegou a poñerse 5 arriba. Ao descanso, 13-9.

A segunda parte xa foi distinta. Os galegos empezaron metidos no partido remontando aos poucos a diferenza, pero non sendo capaces de poñerse por diante. Ao final, a defensa galega, acompañada pola actualización do porteiro, permitiulles chegar ao último minuto igualados no marcador con balón para Aragón (28-28).

Unha gran defensa de Galicia, xunto con unha vermella por sabotaxe de xogo a un xogador de Aragón, déronlle un 7 metros aos galegos para poñerse por diante a falta de 20 segundos. E xa non houbo máis. Mal ataque de Aragón e tranquilidade nos últimos segundos de Galicia para sumar dous puntos fundamentais.

Mañá, Galicia – C. Valenciana (09:30 horas)

Xuvenil masculino: Galicia,  28 – Andalucía, 29

28. Galicia: Pablo González, Mateo Arias (3), Carlos Álvarez (8), Diego Pérez, Javier Iglesias (2), Mario Cancela (3), Alejandro López (2), Jaime Leira, Adrián Bernárdez, Juan Enrique Lago (3), Alejandro Gómez (1), Sergio Álvarez (1),  José Manuel Chao (3), Javier Fernández, Román Arboleya, Daniel Virulegio (2).

29. Andalucía: Raúl Caro (1), Miguel Ángel Maldonado, Guillermo Garrido (1), Dani Martín (7), Alberto Naranjo (3), Julio Gómez, Antonio Pérez, Álvaro Duarte (3), Daniel Serrano (4), Carlos Sánchez, Iván Ventura, Alejandro Palomo, Francisco Javier Parejas (5), Alberto Serradilla (3), Emilio Díaz, Carlos Lázaro (2).

Árbitros: Laura Buchón e Cristina Martín.

Parciais: 4-0, 9-3, 10-4, 12-7, 14-7, 18-8 (descanso), 19-10, 21-14, 23-19, 25-22, 26-25, 28-29 (final)

Partido de dúas caras: Na primeira Galicia arrasou e na segunda foi Andalucía a que o bordou. Galicia foi por diante no partido ata os dous últimos minutos e o partido se decidiu nun penalti a falta de nove segundos para o final.

Os galegos impuxéronse aos andaluces nunha primeira parte sublime, onde dominaron de principio a fin todas as facetas do xogo para marcharse ao tempo de descanso cun marcador favorable de 18-8. Nada facía presaxiar o que ía acontecer no segundo acto. A selección andaluza foi comendo terreo aos galegos, sobre todo no plano anímico, ata poñerse por diante nos instantes finais.

 Os andaluces, a pesar da desvantaxe ao descanso, saíron  animosos, dispostos a xogar unha baza desesperada e asumindo uns riscos que eran necesarios dada a diferenza. Mentres, os galegos foron achicándose, actuando con temor á perda e pecando de exceso de conservadurismo, lonxe do atrevemento que lles levou ao éxito na primeira parte. Nesta situación e cunha defensa que non se puido impoñer no 1×1 ao equipo rival, escapóuselle o partido aos galegos nun final agónico. Os noso xogarán mañá unha auténtica final ante a Comunidade Valenciana.

Mañá, C. Valenciana – Galicia (11:30 horas)

 Cadete feminino: Andalucía, 26 – Galicia, 19

26. Andalucía: Claudia Romero, Lucía López (2), María José Cara (2), Eva Hernández (4), Andrea Pérez (1), Blanca Benítez (1), Rocío Rodríguez, Cayetana Martín (3), Malena Díaz (1), Nayra Alfaro (2), Mariam González (1), Lucía Bueno, Laura de la Palma (2), Laura Vicente (5), María Shao (1), Lola Gregorio (1).

19. Galicia: Alba Afonso (2), Nerea Arias, Lucía Álvarez (3), Lorena Vaello (2), Lucía Méndez (3), Helena Sánchez (1), Aroa Fernández, Yaiza Alonso (4), Lucía Villamarín (1), Mara González, Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro (2), Carla Baltasar (1), Noelia Solla, Carolina González.

Árbitros: Lara Martínez e Libertad Martínez

Parciais: 2-0, 5-1, 8-1, 11-3, 13-4, 14-6 (descanso), 15-7, 19-9, 21-10, 21-11, 24-15, 26-19 (final).

Segunda derrota para as cadetes que comezaron o partido terriblemente mal o que provocou a aparición de nervios, o cal foi aínda peor.

As galegas non eran capaces de marcar. No minuto 15 o resultado era 8-1 para Andalucía, que se crecía ante a desesperación das nosas. Marcar un gol parecía tarefa imposible e as galegas non atopaban a forma de superar este lastre, sobre todo psicolóxico. Ao descanso, 14-6.

Nada lles saía as rapazas de Adrián Pumar, que a pesar de todo tiraron de orgullo para seguir intentándoo e loitando ata o final. Desta forma, recortaron un pouco as distancias ata o 26-19 final.

Mañá, Galicia- Castela e León (13:30)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *