STAGE ARBITRAL EN REDONDELA

Con moitas ganas de volver as pistas, regresou o noso colectivo arbitral. O domingo 13 de setembro celebrouse en Redondela un stage arbitral, para facerlles aos nosos árbitros/as un recoñecemento médico, pasar as probas físicas e recoller material. Todos, soñando co regreso!

Moitas grazas ao Concello de Redondela pola cesión da instalación (sempre disposto a colaborar co balonmán galego) e moitas grazas aos nosos árbitros/as, que cada vez son máis e se desprazaron dende todos os puntos de Galicia, porque amosaron, unha vez máis, o seu total entusiasmo por este deporte.

#SomosGalicia #SomosBalonmán

Debes ser identificado introducir un comentario.