A Federación Galega de Balonmán convoca o proceso electoral para a renovación dos seus órganos de goberno

Vigo, abril de 2026.– A Federación Galega de Balonmán (FGBm) ven de iniciar oficialmente no día de hoxe, o proceso electoral correspondente ao período 2026-2029, tras a aprobación do regulamento e do calendario electoral na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 27 de febreiro.

Este proceso permitirá a renovación dos órganos de goberno da entidade, incluíndo a Asemblea Xeral, a Presidencia e a Comisión Delegada, de acordo co establecido na normativa vixente e baixo a supervisión da Secretaría Xeral para o Deporte.

A convocatoria das eleccións enmárcase nun procedemento estruturado en distintas fases, que garante a participación de todos os estamentos do balonmán galego: clubs, deportistas, técnicos/as e colectivo arbitral.

Como paso previo á convocatoria, a Federación habilitou a consulta do censo electoral inicial, permitindo ás persoas e entidades federadas comprobar a súa inclusión e presentar reclamacións dentro dos prazos establecidos, reforzando así a transparencia e o correcto desenvolvemento do proceso.

Ademais, toda a documentación relativa ao proceso —incluíndo regulamento, calendario electoral, censos e circulares informativas— atópase dispoñible na páxina web oficial da Federación, no apartado específico de “Eleccións 2026”, co obxectivo de garantir o acceso público á información e o seguimento continuo do procedemento.

A Federación Galega de Balonmán fai un chamamento á participación activa de todos os seus estamentos neste proceso democrático, clave para definir o futuro do balonmán galego nos vindeiros anos.

Máis información en: https://fgbalonman.es/reglamentos-y-circulares/