Esta fin de semana celebrarase a primeira xornada da Primeira Nacional Masculina, coa participación de 12 equipos galegos no grupo A. O que normalmente sería unha fin de semana de moita emoción e nervios, con ata catro partidos de rivalidade, queda completamente diluída pola incerteza que rodea o inicio desta competición, como xa sucedeu a semana pasada coa División de Honra Prata (masculina e feminina).
Estas últimas semanas foron moi intensas para os nosos clubs, que buscan respostas as súas dúbidas, sen atopalas. Días de moito estrés e nervios, para enterarse un par de días antes de que non poderían utilizar os vestiarios nin para cambiarse nin ducharse (no caso de todos os partidos que se celebran no Concello de Vigo) ou que non se poderían abrir o pavillón ao público, nin de forma reducida (por exemplo, en Vigo). Así, tanto os conxuntos coma o equipo arbitral ao remate do choque deberán marcharse sen poder pasar polas duchas.
Este é o calendario previsto para esta xornada, aínda que o choque do Bueu Atlético foi finalmente aprazado polos problemas que tiña o conxunto galego para desprazarse
Día 4 (12:30 horas): BALONMANO RECONQUISTA GRUPO FORBE – CALVO XIRIA
Día 4 (12:00 horas): SAR PLASTIC OMNIUM – BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA
Día 3 (20:00 horas): GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL – CARNES DORIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL
Día 4 (12:30 horas): AUTOMANÍA LUCEROS – RODOSA-BM. CHAPELA
Día 3 (20:30 horas): OAR CORUÑA – GOURMET AMPATE LANZAROTE
Día 3 (20:30 horas): U.B. LAVADORES VIGO – BALONMANO INGENIO
Día 3 (20:00 horas): MAGOPE SEIS DO NADAL – COIA – BALONMANO VECINDARIO
TEJINA TENERIFE – BUEU ATLETICO BALONMAN (APRAZADO)
Ademais, na División de Honra Prata Feminina tamén contaremos con dous partidos de rivalidade, mentres que o RUBENSA PORRIÑO recibe o sábado (18:00 horas) ao Lanzarote Zonzamás. Esta xornada 2 está enturbiada pola sanción recibida por parte do Carballal e do CdeC Lavadores que a semana pasada non viaxaron ao ter a varias xogadoras con síntomas de COVID-19. A pesar de que solicitaron o aprazamento do partido, non lles foi concedido e os clubs, por responsabilidade, decidiron no poñer nin ás súas xogadoras nin á sociedade en perigo de contaxio.
Día 3 (18:00 horas): A.D.CARBALLAL – SAR RODAVIGO
Día 3 (18:00 horas): CDEC LAVADORES VIGO – ASMUBAL MEAÑO
En División de Honra Prata Masculina, os tres equipos galegos (Disiclín BM Lalín, Acanor Novás Valinox e SD Teucro) afrontan a segunda xornada ligueira e so o Novás xoga na casa (e contará co alentó de preto de 200 afeccionados).
Día 4 (13:30 horas): UNIÓ ESPORTIVA SARRIÀ – SD TEUCRO
Día 3 (19:00 horas): SANT MARTI ADRIANENC – DISICLÍN BALONMÁN LALÍN
Día 3 (19:00 horas): ACANOR NOVÁS VALINOX – BARÇA B
Debes ser identificado introducir un comentario.