SORTEOS DAS SEGUNDAS FASES NAS CATEGORÍAS CADETE MASCULINA, INFANTIL MASCULINA E FEMININA E 1ª AUTONÓMICA MASCULINA

Hoxe realizáronse na sede da Federación Galega de Balonmán os sorteos das segundas fases das competicións nas categorías Cadete Masculina, Infantil Masculina, Infantil Feminina e 1ª Autonómica Masculina. 

Cadete masculino
– Liga FGBm Ouro: Tres grupos de 6 equipos pelexarán polas prazas nos sectores nacionais propostos pola RFEBM en caso de que se poidan disputar. Os primeiros clasificados de cada grupo, ademáis do gañador do sector da eliminatoria pola Final Four (entre os segundos clasificados e o mellor 3º) xogarán nunha Final Four en formato de semifinal e final para acadar eses primeiros postos que dan dereito ás duas prazas nacionais.


– Liga FGBm Prata: Dezanove equipos competirán en dous grupos de 9 e 10 equipos, por proximidade, cunha maior flexibilidade nas datas pero coa finalidade de ser campeón da Liga FGBm Prata, a cal terá unha eliminatoria previa entre os cuatro primeiros clasificados para xogar a Final Four que da dereito ao título.


Infantil masculino

– Liga FGBm Ouro: 11 equipos divididos en dous grupos de 6 e 5 respectivamente. Liga a dobre volta na que os dous primeiros disputarán a Final Four, que dará dereito á disputa dos sectores nacionais.


– Liga FGBm Prata: 20 equipos disputarán o título ligueiro divididos nun grupo de 8 equipos (A Coruña e Lugo) e dous grupos de 6 equipos (Pontevedra-Ourense e Pontevedra). Os primeiros clasificados de cada grupo e o mellor segundo disputarán a Final Four final.


Infantil feminino

– Liga FGBm Ouro: 9 equipos nun grupo único batiranse para quedar entre os 4 primeiros e xogar a Final Four que dará dereito á consecución da praza nos sectores nacionais organizados pola RFEBM.


– Liga FGBm Prata: 17 equipos divididos en 4 grupos competirán por proximidade xeográfica. O obxectivo será acadar a Final Four (primeiro clasificado de cada grupo) que da dereito a acadar o título ligueiro.


Primeira autonómica sénior masculina

– Grupo polo título: Os 3 primeiros clasificados da primeira fase xogarán todos contra todos a duas voltas. Nesta fase, os primeiros arrastrarás 3 puntos; os segundos pasan con 2 e os terceiro, un punto. O primeiro terá praza directa na fase de ascenso e o 3º, 4º, 5º e o gañador da eliminatoria a partido único entre o 1º do grupo pola permanencia e o 5º clasificado do título, xogarán a Final Four que outorgará os postos do 2º ao 5º e consecuentemente a segunda praza para a fase de ascenso (en caso de que a RFEBM a conceda).


– Grupo pola permanencia: Seis equipos pelexarán por evitar o descenso e a promoción nunha liga a dobre volta que se amosará moi disputada. Ademáis, o primeiro deste grupo poderá optar a clasificarse para a Final Four que da dereito á fase de ascenso.

1 Comment to “ SORTEOS DAS SEGUNDAS FASES NAS CATEGORÍAS CADETE MASCULINA, INFANTIL MASCULINA E FEMININA E 1ª AUTONÓMICA MASCULINA”

  1. I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.

Debes ser identificado introducir un comentario.