A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN SUSPENDE TODAS AS COMPETICIÓNS DE ÁMBITO AUTONÓMICO, PROVINCIAL E AMISTOSO, DURANTE AS VINDEIRAS DÚAS SEMANAS

Ante a situación que está xerando a expansión do COVID-19, e logo do comunicado emitido pola Real Federación Española de Balonmán, no que acorda a suspensión de todas as competicións estatais, oficiais, amigables, profesionais e amateurs, e recomendando a mesma medida ás federacións territoriais,


A Federación Galega de Balonmán acorda SUSPENDER a partir de mañá xoves día 12 de marzo, TODAS as competicións Autonómicas, provinciais e amigables durante un período de dúas semanas.


Recoméndase aos clubs que suspendan os adestramentos de todas as categorías.


Desde a Federación non se quere crear ningún tipo de alarma, e esta decisión extraordinaria adóptase para garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas, previa consulta coas autoridades sanitarias correspondentes.

Nas vindeiras datas procederase a formular unha proposta para a celebración dos partidos correspondentes ás xornadas afectadas.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *