A COPA DE BALONMÁN NA RÚA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CHEGA A NEGREIRA PARA ENCHER AS RÚAS DE BALONMÁN EN DIVERSIÓN

A Copa 5×5 de Balonmán na Rúa, impulsada pola Federación Galega de Balonmán coa colaboración da Deputación da Coruña e dos concellos participantes, chega esta fin de semana a Negreira para converter a localidade nunha auténtica festa do deporte.

A partir de hoxe, o Parque do Coto transformase nunha instalación na que nenos, nenas, familias e afeccionados poderán desfrutar dun formato diferente, dinámico e aberto a todos os públicos.

Un dos principais obxectivos da Copa 5×5 é achegar o balonmán á rúa, fomentando a práctica deportiva nun ambiente lúdico, festivo e accesible para todos. Música, animación e sorteos acompañarán a competición, creando un escenario perfecto para que pequenos e maiores vivan unha experiencia única.

Ademais, todos aqueles rapaces e rapazas que non estean inscritos previamente pero queiran participar, poderán facelo sen problema: só teñen que achegarse ata a instalación e falar cos compañeiros e compañeiras da Federación Galega de Balonmán. Alí buscaráselles un equipo ou se organizarán para que tamén poidan xogar, porque a Copa 5×5 está pensada para o disfrute e a inclusión de todos.

A Federación Galega de Balonmán anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse a Negreira e a compartir unha xornada de deporte, convivencia e diversión, demostrando unha vez máis que o balonmán galego non deixa de crecer e de abrirse a novos formatos e públicos.