
Novo curso de adestrador de balonmán nivel 1 da Federación Galega de Balonmán! O curso celebrarase do 22 de xuño ao 31 de xullo (formato on-line) e o prazo de inscrición rematará o vindeiro día 21 de xuño.Con este curso o alumnado adquirirá os coñecementos e habilidades necesarias para obter a titulación federativa e poder adestrar nas seguintes categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete a nivel autonómico. A carga total horaria será de 270 horas (150 de prácticas).
Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre o curso.