O Lalín Arena, ateigado de familias, acolleu unha competición na que reinou a ilusión e bó ambiente.
A Federación Galega de Balonmán puxo fin á competición de pista coa celebración da Final 4 Alevín e Benxamín 5.
Unha mañá chea de bó ambiente, de ilusión e de grandes talentos foi o que se viviu no día de hoxe na capital do Deza. A xornada comezou coas semifinais de categoría benxamín e alevín, onde varios dos encontros se tiveron que decidir na prórroga.
O prato forte viría a partir das 12:00 horas, coa desputa das finais e do 3º e 4º posto. O resultado dos encontros deixounos a seguinte clasificación:
FINAL 4 BENXAMÍN PRATA:
- 1º Clasificado: Maco Electricidade Bueu Atl. Bm «A»
- 2º Clasificado: Ribadosar
- 3º Clasificado: Carnes do Ribeiro Ourense Provincia Termal
- 4º Clasificado: Cisne Bm. José Covelo
FINAL 4 BENXAMÍN OURO:
- 1º Clasificado: Asesoría Cervantes Xiria
- 2º Clasificado: Club Bm. Atlántico
- 3º Clasificado: Balonmán Porriño «A»
- 4º Clasificado: Luceros «A»
FINAL 4 ALEVÍN PRATA:
- 1º Clasificado: Saint Gobain Loriga
- 2º Clasificado: Escolas Selecpan Bm. Pabellón
- 3º Clasificado: Bm. Culleredo Galkimia
- 4º Clasificado: Restaurante Abuín Arteixo
FINAL 4 ALEVÍN OURO:
- 1º Clasificado: Construcciones OLS Rasoeiro Bm.
- 2º Clasificado: Asmubal Meaño «B»
- 3º Clasificado: Ribadosar
- 4º Clasificado: Club Balonmán Miño
Esta final 4 supuxo a fin da tempada de balonmán pista 2023-2024; dende a Federación Galega de Balonmán queremos aproveitar para dar a noraboa a todos e todas as participantes e agradecer a todas esas persoas e institucións que fixeron posible que o Balonmán Galego siga a medrar.