Hoxe ás 11:30 no Concello de Lalín presentouse a Final Four Xuvenil Masculina e Feminina, que terá lugar no Lalín Arena, esta fin de semana, do 13 ao 14 de abril.
Os equipos loitarán por una praza para o sector nacional, tanto en categoría feminina como en masculina; ademais, o domingo teremos a entrega de premios aos Campións e Campioas Galegos/as.
En xuvenil masculino, haberá dous recoñecementos, un para o equipo campión, e outro para o equipo subcampión, posto que nesta categoría contamos cunha praza adicional para o sector nacional.
Avelino Souto, Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de Lalín, Daniel Benavides, Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia e Rubén González, Directivo da Federación Galega de Balonmán, foron as autoridades presentes no acto.
Non dubidedes en acudir a este inicio das F4 galegas, que non deixan indiferente a ninguén!
Podedes atopar os horarios dos enfrontamentos na web, no apartado de competicións e, proximamente, nas nosas redes sociais.
Ven e acompáñanos esta fin de semana a desfrutar do balonmán galego de categoría xuvenil!



