Cita histórica a que tivo lugar no día de onte no pavillón O Consello de Ribadavia. O encontro entre os Hispanos Júnior e o combinado absoluto de U.S.A. contou cunha afluencia de público que se recordará durante moito tempo na vila ourensá.

Cun «Benvidos/ás á vosa terra» e baixo o lema «Con Selo Galego», xunto coas imaxes dos protagonistas ao longo das bancadas; Ribadavia deu a benvida a Javier Fernández (Seleccionador de España), Carla Abad (auxiliar de España), Mauro Montero (fisioterapeuta de España), Ángel Quirós (médico de España), Álex Chan (xogador de U.S.A.), e a Andrés Rosendo e Diego Rivera (árbitros ribadavienses que dirigieron o encontro).
Antes do comezo do encontro, a Federación Galega de Balonmán quixo entregar unha camiseta da selección galega ao xogador de U.S.A. Álex Chan; o xogador pontevedrés foi recibido cunha gran ovación polo público asistente, ademais asinou unha participación máis que notable durante os sesenta minutos.


O encontro rematou cun igualado 27-23 a prol de España; os sesenta minutos estiveron marcados polas rotacións e as diferentes propostas tácticas de ambos conxuntos. O de Jabato amosaronse superiores ante un equipo americano con baixas sensibles na súa primeira liña; U.S.A., comandada por Álex Chan en ataque e Drew Donlin en defensa, plantexaron un bo exame para os hispanos na súa preparación para o vindeiro Campionato de Europa, que se celebrará en Eslovenia entre o 10 e o 21 de xullo de 2024.
Ao remate do encontro os dous equipos asinaron autógrafos, sacaron fotos e realizaron declaracións aos diferentes medios presentes no pavillón O Consello.
O traballo do Balonmán Ribeiro, a implicación dos e das ribadavienses e a aposta do concello, fixeron que a semana do 11 ao 16 de marzo de 2024, quede escrita na historia do balonmán galego, como unha das grandes cita de carácter internacional que se viviron no Balonmán Galego.





















