Escapouse a final para os cadetes galegos no CESA Cantabria 2020. Foi por moi pouco, despois dun partido trepidante e intenso de Galicia contra Navarra, que se decidiu nos últimos minutos a favor dos navarros. Agora toca recuperarse para loitar polo bronce contra Madrid (09:00 horas). Hoxe gañaron as seleccións galegas xuvenil e cadete femininas, que buscarán mañá rematar na quinta posición do torneo.
Cadete masculino: Galicia, 32 – Navarra, 34
32. Galicia: Martín Fuentes (5), Manuel Barreiro, Roberto Castro (3), Julián García, Manuel Pérez (8), Jorge López, Pablo Gándara, Jorge Domato (1), Rubén Sequeiros (3), Gael Blanco (6), José Manuel Meira, Sergio Blond (3), Nuno Loxo, Daniel Pérez, Adrián Pérez, Mateo Díaz (3).
34. Navarra: Daniel Lancuza, Pedro José Oloriz, Xabier Fernández (6), Xavier González (5), Tasio Isturiz (1), Guillermo Pérez Zozaya (2), Íñigo Malo, Marco Moreno, David Garayoa (3), Ibai Etxarte, Oier Lezaun, Xubán Ilarregui, Joaquín Saro, Josu Arzoz (13), Ander Izcue (3), Alberto Ramírez (1).
Árbitros: Nuria Giro e Ona Comino.
Parciais: 0-1, 4-5, 9-7, 11-10, 15-13, 18-15 (descanso), 19-18, 22-21, 24-23, 27-26, 30-30, 32-34 (final).
A selección cadete masculino loitará polo bronce. Hoxe, ante Navarra, fixo un partido excepcional, moi físico por ambas partes, no que Galicia foi por diante ata os últimos minutos, nos que pagou o esforzo físico, e xa non houbo tempo para virar o resultado.
Galicia coñecía ao rival da fase de grupos e nese encontro aos nosos se lles atragoou a defensa 3:3. Esta vez, a lección estaba ben aprendida e dende o primeiro momento, o combinado dirixido por César Armán soubo atacar a perfección. Enfronte, un tremendo rival, moi grande e o partido foi moi físico, aínda que non sexa unha das características dos galegos. Pero tamén aí estiveron ben.
Na primeira metade a defensa galega foi determinante para lograr alcanzar o descanso con tres tantos de vantaxe (18-15). O certo é que durante estes primeiros trinta minutos houbo variantes no marcador, pero sempre parecía que Galicia estaba cómoda nun partido tremendamente incómodo.
Na reanudación, aos nosos lles costou adaptarse ao cambio de defensa imposto por Navarra (4:2) e así no minuto 36 lograron poñerse por diante no marcador (19-20), pero enseguida reaccionou Galicia que volveu mandar aínda que con distancias mínimas, ata que mediada esta segunda parte parecía que os homes de Armán podían irse (26-23, min. 45), pero os navarros son moi duros e aproveitaron unha exclusión para volver a meterse no partido. Así, o encontro continuou moi igualado, pero con Galicia sempre por diante e con sensación de control. Ata o minuto 56, no que por primeira vez se puxeron 2 goles arriba no marcador e xa non houbo tempo nin forzas para remontar.
Así, mañá haberá que loitar polo bronce contra Madrid para pechar co metal que se merecen estes rapaces despois do nivel competitivo amosado durante todo o campionato.
Mañá, loita polo bronce: Madrid – Galicia (09:00 horas)
Xuvenil feminino. Galicia, 38 – Aragón, 33
38. Galicia: Lucía Afonso (1), Patricia Mallo, Sabela Miniño (1), Antía Estévez, Antía Seijo (7), Adriana Mallo (4), Carme Castro (5), Marta da Silva (1), Area Martínez, Sara Román (5), María Currás (3), Goretti Miguel (1), Laura Magdaleno (7), Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (3), Adriana Ayude.
33. Aragón: Elvira Villareal, Sandra Lázaro, Alba Rubio (12), Natalia Lázaro (3), Alicia Gómez (1), Claudia Alberca, Mar Pérez-Bustamante, Sandra Porcar (4), Lucía Guarc (9), Iratxe Remírez (3), Inés Alcón, Patricia Yecora (1), Ana Azagra, Nuria Fernández.
Árbitros: Pablo San Emeterio e Javier Ariño.
Parciais: 2-1, 7-3, 10-5, 12-7, 16-10, 19-13 (descanso), 25-15, 26-18, 27-21, 31-25, 36-29, 38-33 (final).
A selección xuvenil feminina loitará pola quinta posición do Campionato de España despois de derrotar de forma clara a Aragón. As galegas dominaron o partido dende o minuto inicial e xa non se baixaron desa posición de poder.
A medida que pasaban os minutos, aumentaba a distancia, que ao descanso era de seis tantos (19-13). Tralo paso por vestiarios, máis do mesmo, cun control absoluto das rapazas de Carla Abad. Ata que houbo unha certa relaxación mediado o segundo acto, que foi aproveitado por Navarra para achegarse a catro tantos cun parcial de 4-0 (27-23). Tempo morto de Galicia e cun parcial de 4-1 a favor das nosas, acabou este mínimo amago de reacción. Así, final plácido para as xuvenís, lideradas por unha incombustible Antía Seijo durante todo o campionato, que hoxe logrou sete tantos.
Loita polo quinto posto: Mañá, Galicia – Euskadi (10:45 horas)
Cadete feminino: Galicia, 36 – Cantabria, 35
25. Galicia: Alba Afonso (7), Nerea Arias (2), Lucía Álvarez (1), Lorena Vaello, Lucía Méndez (4), Helena Sánchez, Aroa Fernández (1), Yaiza Alonso (1), Lucía Villamarín (1), Mara González, Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro (1), Carla Baltasar (10), Noelia Solla (2), Carolina González.
Cantabria: Andrea Ulacia, Celia Blanca (1), Emma Fanjul, Claudia Escudero (1), Mara Villanueva (4), Lucía Martínez (3), Candela Diego (1), Sara Magdalena, Natalia Menezo (5), Candela Gómez (9), Alejandra Alonso, Nazaret del Río, María Saez (4), Patricia Alvarado, Naroa Castrillo, Rocío Pérez.
Árbitros: Victoria Avilés e María Sánchez.
Parciais: 4-4, 6-6, 9-8, 12-11, 12-14, 13-17 (descanso), 16-20, 18-23, 20-26, 21-27, 25-28, 28-28 (final 60 minutos), 31-31 (final prórroga), 36-35
Partido épico o das cadetes que lograron remontar seis goles nos últimos dez minutos para empatar o partido e finalmente vencer a Cantabria no lanzamento de penaltis.
De inicio o choque estivo igualado, pero pouco a pouco as cántabras foron impoñéndose para irse ao descanso catro goles arriba (13-17). Na segunda metade as cousas ían de mal en peor: Non saían as cousas en ataque e tampouco en defensa e parecía que o partido estaba case sentenciado cun 21-27 a falta de dez minutos. Pero saltou a coraxe galega á pista e todo cambiou. As galegas loitaban cada pelota, tanto en ataque como en defensa, igual que se estivese en xogo unha medalla. Y así, lograron remontar seis goles ante o conxunto local e ir a prórroga.
Na prórroga, máis dificultades, ao quedarse con dúas xogadoras menos na cancha e estar dous tantos abaixo. Pero volveron ser bravas e volveron empatar nun final agónico e fermoso.
E para rematar o espectáculo dos penaltis. Parecía que ningún dos dous equipos quería irse da pista. Novo empate. Así que fomos a morte súbita e xurdiu a figura de Marián Mera, que está a facer un CESA impresionante, e rematouno coa parada que lle deu a clasificación ao seu equipo para loitar polo quinto posto. Parecía unha medalla pola emoción que había na pista e, sen dúbida, ese é o camiño para chegar ás medallas.
Loita polo quinto posto: Mañá, Galicia- Cataluña (12:30 horas)
Infantil feminino: Canarias, 27 – Galicia, 24
27. Canarias: Liliana Rosa, Yassira (9), Elsa Curbelo, Carla Rodríguez (1), Marta Liju, Paula Ravelo, Iraya Fernández (4), Ana Medina (4), Yanely García, Aridiam Sarmiento (8), Zaida Armas, Caserín García, Valeria Isabel Martín, Briseida Díaz (1).
24. Galicia: Adriana Rial (5), Alba Fernández, Sara Pereira (6), Lucía Castiñeira, Yara Pacheco, Nerea Patiño (3), Shaila Fernández (1), Irene Ríos, Naihara Costas (5), Aine Roca (3), Irene Romero, Inés Bernárdez (1), Lidia Sanda, Iria Augusto, Alejandra Montenegro, Leticia Santos.
Árbitros: Lucas Prieto e María José Prieto.
Parciais: 4-3, 7-3, 9-5, 11-8, 15-11 (descanso), 18-13, 21-16 , 22-20, 23-22, 27-24 (final).
As infantís terán que loitar pola sétima posición despois de perder contra Canarias, nun partido no que as galegas remontaron na segunda metade e chegaron a empatar o partido a falta de 8 minutos para o final pero nos instantes finais faltou confianza.
O partido comezou mal para as nosos minigalaicas, que parecían moi tocadas pola derrota nos cuartos. E así, de inicio foron mandando as canarias, para chegar ao descanso catro abaixo. A segunda parte comezou moi mal para as galegas, que parecían desconectadas, ata que reaccionaron tras un tempo morto. En dez minutos lograron un parcial de 9-1 e empataron o partido (min. 17, 22-22).
Pero despois de facer o máis complexo, faltou confianza nas nosas e o partido caeu a favor das canarias.
Mañá, loita polo sétimo posto: Galicia – Euskadi (12:30 horas)
Infantil masculino. Euskadi, 19 – Galicia, 16
19. Euskadi: Jon Usabiaga, Iker Zorraquín (2), Íñigo Martínez, Aitor Rodrigo (1), Bernart Abad, Aimar Olarte. Diego Nartallo (1), Aimar Cabezas, Unai Berges (5), Julen Campos (1), Peru Iraeta (4), Julen Eceiza, Erik Bueno (2), Ibai Marfagon, Sergio Uruñuela (3), Manex Arrieta.
16. Galicia: Xurxo Fraga (1), Brais Cangado (2), Pablo Veiga (3), Samuel Seijas, Xulio Fernández, Lucas Jiménez, Yago Raimúndez (1), Xoan Fernández, Mauro Lago (1), Erik Vázquez (1), Juan Ramón Villar, Alex Alonso (3), Manuel Lorenzo (4), Nicolás Giráldez, David Failde.
Árbitros: Pablo González e Javier Miranda.
Parciais: 4-2, 5-4, 5-4, 6-7, 7-9 (descanso), 9-10, 12-13, 14-13, 16-14, 19-16 (final).
A selección galega infantil caeu derrotada hoxe ante Euskadi, nun partido no que os galegos volveron a errar moito en ataque.
Na primeira metade, o partido estivo moi igualado, con intercambio de erros, e así chegamos ao 7-7, no minuto 21. Este tramo final, foi favorable aos galegos, que lograron un parcial de 2-0, para irse ao descanso mandando no marcador.
No segundo tempo, o partido continuou moi igualado, así chegamos ao minuto 36 cun empate (13-13). Unha exclusión galega resulta decisiva, xa que os vascos aproveitan para lograr un parcial de 3-0 e irse cunha vantaxe no marcador que xa foi irrecuperable. Agora os galegos loitarán pola sétima posición.
Loita pola sétima posición: Mañá, Galicia-Castela a Mancha (09:00 horas)
Xuvenil masculino: Galicia, 40 – Euskadi, 43
40. Galicia: Pablo González, Mateo Arias, Carlos Álvarez, Diego Pérez (5), Javier Iglesias (7), Mario Cancela (1), Alejandro López (5), Jaime Leira (4), Adrián Bernárdez, Juan Enrique Lago (3), Alejandro Gómez (6), Sergio Álvarez (6), José Manuel Chao (2), Javier Fernández, Román Arboleya (1), Daniel Virulegio.
43. Euskadi: Ekaitz Etxabe (5), Niklas Ramis, Joseba Aranburu (2), Manex Kalegain (1), Víctor Cabado (3), Jon Mikel Elexp (4), Harri Lasa (2), Enoch López, Unai Vallejo, Asier Iribar, Daniel Ruíz, Gorka Nieto (5), Julen Mugica (3), Martín Santano (5), Aimar Unanue (2), Íñigo Santa Coloma (6),
Árbitros: Sergio Gutiérrez e Sergio Martínez.
Parciais: 4-1, 10-5, 13-8, 16-13, 20-14, 21-21 (descanso), 24-26, 26-30, 28-34, 32-36, 34-40, 40-43 (final)
A selección galega xuvenil masculina xogará mañá o seu último partido do CESA 2020. Farao polo 7° e 8° posto, despois de caer hoxe no seu partido contra a selección de Euskadi. Os galegos daban entrada no choque aos xogadores que disputaran menos minutos ao longo deste campionato, pero desde o inicio, en ambas as seleccións, evidenciábase unha importante falta de intensidade e motivación ao quedar fóra da loita polas medallas. Esa desidia ao non xogarse un posto no podio, foi a que marcou o partido e así o reflicte o resultado final (40-43).
Comezou mellor Galicia, aproveitando os desacertos do seu rival e marcando diferenzas no gol e o contragolpe para distanciarse de ata sete goles. Pero a ausencia de intensidade defensiva permitiu aos vascos igualar a contenda no tempo de descanso cun marcador que máis ben parecía o final do partido (21-21).
A segunda parte comezaría cunha selección galega en caída, tal e como fora a tendencia nos últimos minutos do primeiro acto. Os galegos foron sempre a remolque no marcador e aínda que o tentaron cunha defensa máis presionante, as mentes non estaban para competir a un alto nivel.
Loita polo sétimo posto: Mañá, Castela a Mancha – Galicia (12:30 horas)
Debes ser identificado introducir un comentario.