O Bm. Abegondo organizará a IIIª Edición do Torneo Noroplaza BM Abegondo os días 6, 7 e 8 de xuño de 2025.
O municipio coruñés de Abegondo convertirase no epicentro do balonmán galego a fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño, mediante a celebración da IIIª Edición do Torneo Noroplaza BM Abegondo, que dará comezo o venres ás 17:00 horas, e terá continuidade durante toda a fin de semana, o sábado dende as 9:00 ata as 22:30 horas, e o domingo dende as 9:00 ata a as 19:00 horas.
Este evento, xa consolidado coma unha cita destacada no calendario deportivo do balonman galego, está dirixido ás categorías infantil e cadete, tanto en categoria masculina coma na femenina. A IIIª Edición do Torneo Noroplaza BM Abegondo reunirá a 21 equipos procedentes do norte e sur de Galicia, así coma de Portugal, con máis de 350 deportistas, ofrecendo un nivel de competición moi interesante e una oportunidad única de convivencia deportiva.
O Hotel Noroplaza actúa coma patrocinador principal do torneo ano tras ano, aportando o soporte e a colaboración necesarias para que esta cita deportiva sexa unha realidade; mentres que a Federación Galega de Balonmán e o Concello de Abegondo colaboran activamente na organización, arbitraxes e promoción do deporte base.
O obxectivo do evento é fomentar a práctica do balonmán, ofrecer un espazo de crecemento e desenvolvemento para os/as deportistas, e consolidar a Abegondo coma un referente no calendario deportivo galego.
O torneo, non só ofrecerá intensas xornadas de balonmán, se non tamén un entorno de aprendizaxe e convivencia. Ademais da competición, o evento incluirá actividades complementarias pensadas para as/os participantes e acompañantes.
Dende a organización convidan a todos/as as amantes do balonmán, a desfrutar de tres días repletos de emoción, deportividade e talento nas instalacións de Abegondo.
Aqui podedes consultar os horarios e o cartaz do torneo.
