CONFERENCIAS DE XESCO ESPAR SOBRE LIDERAZGO EMOCIONAL PARA O ALTO RENDEMENTO

Os días 26 e 27 de maio teremos a posibilidade de desfrutar de dúas charlas online gratuitas, impartidas polo ex xogador, adestrador de balonmán e experto en alto rendemento Xesco Espar.

MÉRCORES 26 DE MAIO (20:00h)

A Federación Galega de Balonmán, en colaboración con UFEDEGA, organiza a conferencia na que Xesco Espar nos falará sobre o liderazgo emocional para o alto rendemento.  A ligazón para seguir a conferencia sería o seguinte e non fai falta inscrición previa: Conferencia «Liderazgo emocional para el alto rendimiento»

XOVES 27 DE MAIO (20:00h)

A Federación Galega de Balonmán organiza unha sesión gratuita para ensinar aos adestradores/as e preparadores/as físicos de balonmán a planificar unha semana de adestramento. Desta maneira, os adestradores terán unha guía sólida sobre a que poderán colocar os seus exercicios de forma ordenada e poderán darse conta de que partes sobran ou faltan nos exercicios. 

A ligazón para inscribirse na sesión é o seguinte: SESIÓN XESCO ESPAR XOVES 27 DE MAIO 

Despois de rexistrarvos nesta conferencia, chegaravos un correo no que se explicará a forma de acceder á mesma. Se tendes algunha duda, podedes poñervos en contacto con nós a través deste mesmo correo ou no seguinte teléfono: 986410618

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *