COMEZAN OS CURSOS DE ÁRBITRO INICIACIÓN E CRONOMETRADOR

Comezaron os cursos de árbitro/a aspirante e de mesa-cronometrador/a cun enorme interese!! Inscribíronse 40 alumnos no curso de árbitro e 80 persoas para anotador/cronometrador/a e hoxe celebrouse a primeira xornada de ambos cursos, que se realizarán online, o que ofrece moitas máis facilidades aos interesados.

Hoxe foi o primeiro día da fase teórica, que se desenvolverá do 20 de xullo ao 3 de agosto e na que contarán cun magnífico profesorado con moitas ganas de ensinar e de implicar aos alumnos na arbitraxe.
Moito ánimo para as e os alumnos e agora toca formarse e aprender, para moi pronto estar nas pistas.

E recordade, no balonmán somos necesarios todos: Xogador@s, corpo técnico, árbitr@s, directiv@s e afección. Todos #SomosBalonmán!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *