ALBERTO RODRÍGUEZ, RAFA GARCÍA MOSQUERA E SANTIAGO PICALLO, PREMIOS NACIONAIS 2022

Os colexiados Alberto Rodríguez e Rafa García Mosquera e o presidente do Cisne Santiago Picallo serán premiados na Gala dos Premios Nacionais 2022, que organiza a Real Federación Española de Balonmán e que se celebrará o próximo sábado 11 de xuño en Madrid.

Os árbitros galegos Alberto Rodríguez e Rafa García Mosquera, que se retiran esta tempada, recibirán a medalla e insignia de prata ao mérito deportivo. Pola súa banda, na categoría de directivos, o presidente do Cisne Santi Picallo será recoñecido coa medalla e insignia de bronce ao mérito deportivo. Ademais, hai que destacar que o adestrador do Cisne, Javier Fernández «Jabato», tamén recibirá a medalla e insignia de bronce, na categoría de técnicos.

Noraboa a todos!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *