ALICIA FERNÁNDEZ, CONVOCADA PARA O CAMPIONATO DE EUROPA

A galega Alicia Fernández xogará coas Guerreiras o Campionato de España 2020, que se celebrará en Dinamarca no mes de decembro! Alicia é unha das xogadoras habituais nas convocatorias do seleccionador Carlos Viver e nesta última lista, para o Torneo Internacional de España e a cita continental non podía faltar a nosa xogadora.

As Guerreiras están citadas o vindeiro luns, 23 de novembro, en Torrelavega, localidade na que está previsto que o combinado español prepare o Europeo no marco do XXIV Torneo Internacional de España ante Brasil e Polonia.

Posteriormente, o combinado nacional desprazarase a Dinamarca, onde se disputará o Campionato de Europa íntegro, unha vez Noruega renunciou esta semana a ser sede compartida.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo do combinado nacional feminino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *