A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) disputará o Mundial de Japón!! A nosa deportista foi unha das elixidas polo seleccionador Carlos Viver para a disputa desta transcendental cita, na que estará en xogo a clasificación para os Xogos de Tokio.
As xogadoras están convocadas o día 18 de novembro en Madrid, onde estarán concentradas uns días ata que o 22 viaxarán en dirección a Tokio. Na fase previa (do 30 de novembro ao 6 de decembro) España enfrontarase a Romanía, Hungría, Montenegro, Senegal e Kazajistán e só tres equipos pasarán a fase final.
Moita sorte para Alicia e para todas as Guerreiras!