ESTA FIN DE SEMANA ARRINCA A COMPETICIÓN!

Esta fin de semana arrinca a competición ligueira en Galicia! Despois de vivir tres días máxicos  no Gatañal coa celebración da Copa e Supercopa Galicia, chegou o momento de dar o pistoletazo de saída ás diferentes Ligas. Non comezarán todas á vez, senón que será de forma progresiva. Esta fin de semana estrearán tempada á Primeira Autonómica Feminina, así como as categorías xuvenil masculina e feminina que comezan a xogar ás fases de clasificación para os play-offs que dan acceso á Liga Ouro.

Nas vindeiras semanas irán incorporándose o resto de competicións nas diferentes categorías.  Así, no fin de semana do 10 e 11 de setembro iniciarase a Copa Federación de 1ª Autonómica Masculina e tamén as fases de clasificación das categorías cadete e infantil (masculina e feminina).

Competición nacional

Iso será na competición galega, pero ademais tamén empezan esta semana os clubs galegos que disputan a Liga Asobal (Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Cisne Colegio Los Sauces) e a Liga Guerreiras Iberdrola (Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa BM Porriño).

Os dous equipos femininos xogan na casa nesta primeira xornada, aínda que o Mecalia «emigra» a Tui, polas obras que se están a realizar na Sangriña (Mecalia Atlético Guardés-Granollers e Conservas Orbe Rubensa BM Porriño-Gijón), mentres que o Cisne Colegio los Sauces viaxa a Pamplona para enfrontarse ao Helvetia Anaitasuna. O Frigoríficos do Morrazo recibe ao Puente Genil no Gatañal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *