Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto.

Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría.

O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir cara ao CAR de Sierra Nevada e posteriormente en autobús ata Ciudad Real, onde continuarán concentrados, cuxo regreso a Madrid será o luns 8 de xullo pola mañá.

Noraboa Álvaro!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *