Os galegos Álvaro Preciado ( Dicsa Modular Cisne) e Brais González (Frigoríficos do Morrazo BM Cangas) foron convocados polo seleccionador Rodrigo Reñones para participar na próxima concentración dos Hispanos Júnior, que se celebrará do 1 ao 8 de novembro no CAR de Sierra Nevada.
Esta será a primeira actividade da selección española Júnior en dez meses, xa que a última foi o 4 Nacións que se celebrou en Portugal no mes de xaneiro.
Os xogadores están citados o 1 de novembro en Málaga, desde onde serán trasladados ata o CAR de Sierra Nevada. O equipo traballará en sesións dobres de adestramento diario ata o 8 de novembro. Tamén foron convocados a esta concentración os xogadores do BM Cangas Dani Fernández e Alberto Martín, e asistirá como segundo seleccionador, Nacho Moyano, adestrador do BM Cangas.
Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo.
Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.