APROBADO O CALENDARIO DE COMPETICIÓN DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

O calendario de competición do Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo 2019 xa é oficial. A Federación Internacional de Balonmán (IHF) aceptou a proposta consensuada polas diferentes institucións, na que a cerimonia de inauguración do Mundial terá lugar en Pontevedra, onde tamén se disputarán as semifinais, mentres que a final se celebrará en Vigo.

Este calendario pretende dar protagonismo a ambas sedes, de forma que se reparten os momentos máis destacados da competición. Así, o día 16 de xullo disputarase a cerimonia de inauguración na cidade do Lérez xunto co partido España-Estados Unidos (21:00 horas), mentres que o resto do grupo A (no que está o combinado español) se celebrará en Vigo, así como o grupo B. Pola súa banda, Pontevedra acollerá a fase previa dos grupos C e D.

Como a cidade viguesa acolle a España na primeira fase, no caso de que o equipo de Isidoro Martínez pase a cuartos, esta eliminatoria xogarase en Pontevedra. As semifinais celebraranse en Pontevedra e a final e a loita polo bronce, xogaranse no Pavillón das Travesas.

No documento adxunto tedes o calendario, que podería ter cambios nos horarios por necesidades da organización ou televisión.

1 Comment to “ APROBADO O CALENDARIO DE COMPETICIÓN DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA”

  1. Can you be more specific about the content of your article? After reading it, I still have some doubts. Hope you can help me.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *