APROBADO POLA XUNTA O PROTOCOLO PARA PODER ADESTRAR E COMPETIR CON CONTACTO

A Secretaría Xeral para o Deporte ven de aprobar o protocolo presentado pola Federación Galega de Balonmán para regresar a actividade con contacto. Desta forma, cada vez está máis preto á volta á competición, pero para iso é necesaria a responsabilidade de todos e todas para cumprir de forma escrupulosa este protocolo.

O primeiro paso que hai que dar é que cada club nomee a un coordinador do protocolo que terá que realizar un breve curso online relacionado co protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FGBm, ao igual que os delegados/as de equipo e de campo. A convocatoria do curso sairá nos próximos días e haberá flexibilidade horaria para a súa realización.

Nos vindeiros días informaremos sobre o modelo de máscara para a práctica deportiva aprobado pola FGBm. Estanse a rematar os estudos e a ultimar detalles para axilizar os trámites de adquisición das mesmas, co obxectivo de que se poidan mercar a partir da próxima semana. Mentres tanto, recomendamos utilizar máscaras homologadas e con índice de filtración bacteriana superior ao 90%. Ademais, dende a Federación Galega aconsellamos que o contacto se vaia retomando de xeito progresivo para que tamén os/as deportistas se poidan ir adaptando ao uso da máscara.

Nas seguintes ligazóns tedes o protocolo da FGBm para á volta á actividade con contacto, aprobado pola Secretaria Xeral para o Deporte, así como o decálogo COVID-19, no que se establecen dez medidas que todas e todos debemos levar a cabo neste regreso.

Dende a Federación Galega de Balonmán queremos insistir na necesidade de que cumpramos o protocolo con absoluta rigorosidade, xa que o futuro do noso balonmán depende dunha correcta aplicación destas normas.

1 Comment to “ APROBADO POLA XUNTA O PROTOCOLO PARA PODER ADESTRAR E COMPETIR CON CONTACTO”

  1. Inscreva-se dice:

    Can you be more specific about the content of your article? After reading it, I still have some doubts. Hope you can help me.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *